O ano 1951 incorporouse á Comunidade do Asilo, e nela estivo unha década, a que foi a monxa mais popular e carismática da Casa e que deixou mais fonda pegada na memoria das xentes que, con mais ou menos proximidade, coñeceron aquelas vivencias. Sor Paz Boan Casas, galega do Val de Lemos, de sorprendente vitalidade e anerxía; xenerosa, sempre leda e activa; o seu optimismo e actividade contaxiaban a todos e a entrega aos vellos/as era a súa divisa. Xove e guapa, lucia a fermosa voz no coro que ela mesma dirixía, formado con outras monxiñas e algúns rapaces/zas da veciñanza. Hai uns anos, na compaña dun feixe de amigos da bisbarra, fixemos unha viaxe á Ribeira Sacra, pernoctando en Monforte, Á mañá seguinte suxerrimos a idea, abondo insólita, de visitar a Sor Paz que, dende a estadía en Foz, permanece naquel asilo, aínda que só un dos compañeiros- focego- a coñecera. Os amigos aceptaron e alá nos fomos. De camiño pensábamos en cómo estaría de saúde pois, se non a era xa, estaría moi pretiño de ser nonaxenaria. Preguntamos por ela e resoou a través da megafonía: “ Sor Paz, espérana en porteiría” Era boa sinal. Nun intre, e cara a nós, vemos avanzar unha monxa camiñando cunha enerxía e vitalidade que nos resultaba coñecida. Cando nos achegamos abrazámola ao tempo que preguntamos:”Sor Paz,¿sabe quen son?”. Sorprendida, mirounos fixamente un anaco, e dixo: “ Ere-lo Susiño”, como con agarimo nos decía na adolescencia.”¿Por qué me coñeceo?” “Polos ollos,,,”, respostou. Había 46 anos que no- nos víamos… Saímos ao xardín e alí falamos longo e tendido, preguntando por medio Foz, sempre agradecída, nos decía, ao tempo que louvaba o comportamento dos focegos co asilo; dimos un repaso ás cantigas que ela mesma nos ensinara no coro… ás mil anécdotas dos singulares e pintorescos asilados: O Mudo, Rabo de pega, Atilano, Banderas,,, Ao despedírnos cunha fonda aperta, díxonos: “ ¡Toda a vida fun feliz coidando vellos!” Xa o sabíamos, respostamos, Os nosos compañeiros saíron ledos do encontro.
Suso Fernández



















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



