A Mariña, 5 de novembro de 2013. A Iniciativa Galega póla gratuidade da sanidade pública nacida nunha asemblea celebrada o 26 de outubro en Riotorto co fin de esixir a derrogación da resolución de 10 de setembro da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia na que se aproba o re-pagamento de medicamentos de subministración en farmacia hospitalaria e outras recollidas no R/DL 16/2012 de 20 de abril como a aprobación do anterior repago farmaceutico, pago de próteses, do transporte non urxente, etc. que supoñen un torpedo na liña de flotación dun sistema sanitario público, universal e gratuíto e que por tanto consideran tamén debe ser derrogado.
CONCENTRACIÓNS EN TODOS OS HOSPITAIS DE REFERENCIA DE GALIZA O VENRES OITO DE NOVEMBRO.
Os colectivos asistentes acordaron en liña co xa debatido o pasado 26 de outubro en Riotorto poñer en marcha unha campaña global para concienciar á poboación de que o camiño polo que nos leva o Partido Popular dende o goberno do Estado e da Xunta destrución dun sistema público de saúde que garanta a atención sanitaria universal e non condene á beneficencia ás persoas con menos recursos, a sanidade pública págase vía impostos e debe pagar quen mais ten, non mediante repagos e impostos sobre o servizos que para determinada xente resultan abusivos como demostra o feito de que xa algúns estudos falan dun 17% de persoas que non retiran as súas menciñas por dificultades de pago.
A Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade Pública pretende sumar esforzos a outros colectivos que xa traballan na defensa do sistema sanitario público como as Plataformas na Defensa da Sanidade Pública ou a rebelión de concellos contra o re-pagamento de menciñas de subministración hospitalaria integrantes en boa parte deste movemento nacido en Riotorto coa insubmisión a esta medida contra a que unen esforzos para a súa derrogación ou non aplicación en Galiza como xa anunciaron outras CC.AA.
CHAMAN Á PARTICIPACIÓN NA CONCENTRACIÓN DO VENRES 8 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 DIANTE DO HOSPITAL DA COSTA.
Os colectivos integrantes deste movemento tratarán nos días que quedan ate o venres de dar información e difusión á concentración prevista para o venres diante do Hospital da Costa que será simultánea a outras 13 previstas na mesma xornada nos hospitais de referencia galegos. Para isto repartirase material informativo, carteis e outros medios de difusión. Entenden que a poboación debe ser consciente de que a implicación individual e colectiva é fundamental para evitar e por pero ás dinámicas iniciadas polo Partido Popular para demolición e privatización da sanidade pública como xa vimos en Madrid ou Valencia onde xa levan anos aplicando unha folla de ruta contraria ao estado social que, aproveitando a crise económica, están empeñados en destruír.
Para os convocantes da concentración do día oito en Burela a última medida aprobada polo goberno do Estado e seguida polo da Xunta que pretende aplicala a partir de xaneiro de 2014 estamos diante do traspaso dunha liña vermella onde a sanidade deixa de ser pública, universal e gratuíta, discrimina a usuarios/as do sistema en función dos seus recursos, grava aínda mais a doentes crónicos e racha coa equidade do sistema. E un feito, engaden, que esta medida non vai supor ningún aforro xa que mesmo a súa posta en funcionamento resulta mais cara que os ingreso que se van producir coas achegas dos usuarios, polo que estamos diante dunha medida ideolóxica allea a unha mellora na xestión.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



