Ribadeo, 5 de novembro de 2013. Ribadeo, catedral do mar é a marca que quere crea o Concello para a súa promoción turística. O proxecto, presentado esta tarde, inclúe unha ruta indiana pola vila e polas parroquias, a realización de obradoiros dirixidos ao sector hostaleiro ou a elaboración de pratos elaborados con produtos gastronómicos da zona.
O proxecto suporá un investimento, en dúas anualidades, de 66.000 euros, dos que 32.000 corresponden a Fondos Europeos , preto de 11.000 proceden da Xunta e 22.000 do Concello de Ribadeo.
A primeira fase realizarase ao longo das dúas vindeiras semanas. Será a relativa á formación. Segundo explicou Manuel Pan, o representante da empresa Abertal, encargada de levar adiante este proxecto, haberá obradoiros como: as TIC para o turismo, barista, tratamento e conservación de produtos do mar, reixidoría de pisos e atención ao cliente.
Ribadeo, catedral do mar aproveitará o tirón que ten a praia das Catedrais para traer turismo a Ribadeo ao longo de todo o ano, non só durante o verán, segundo sinalaron a concelleira de Turismo, Ana Martínez, e o alcalde, Fernando Suárez. O proxecto contempla a creación dunha ruta dos indianos coa edición de folletos informativos e unha guía didáctica destas edificacións tanto de Ribadeo coma da Devesa ou Rinlo. A imaxe de Ribadeo, catedral do mar estará presente en manteis, pousavasos e no resto do merchandising que se repartirá entre os establecementos hostaleiros participantes e tamén na páxina web que se creará e na que haberá un directorio con información dos establecementos ribadenses, rutas e a información turística que o viaxeiro precisa ter cando visita Ribadeo. A promoción nas redes sociais e noutras webs desta marca será fundamental.
O proxecto presentado no salón de plenos do Concello de Ribadeo inclúe a potenciación dos produtos pesqueiros da zona con Sabores do Mar. Pan indicou que “os restaurantes terán entre as súas propostas polo menos un prato baixo esta denominación e que será elaborado con peixe ou marisco da zona de Ribadeo”.
Ribadeo, catedral do mar arrinca agora e prolongarase ata a vindeira semana santa. O rexedor lembrou “o grande potencial turístico de Ribadeo, un referente comarcal, que conta con 1.500 prazas de aloxamento e cun sector hostaleiro e da restauración envidiable”. Suárez Barcia dixo que “temos que facer cousas ao longo de todo ano, aproveitando a calidade dos servizos e do entorno”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



