Burela, 13 de novembro de 2013. O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, anunciou oficialmente que a urbanización de Torrentes será inaugurada e aberta ó tráfico o vindeiro sábado, 16 de novembro.
José María González Barcia manifestou a súa satisfacción “por poñer a disposición do pobo de Burela, pero especialmente dos propietarios da Unidade de Actuación, unha urbanización moderna, que seguro marcará o devir das décadas futuras de Burela como no seu día aconteceu coa ampla zona que coñecemos co nome de Calles Novas”. O alcalde burelés dixo que “non todos os días se abre unha bolsa de solo urbano de algo máis de noventa mil metros cadrados, e aínda que estamos a vivir unha situación económica complexa, esta zona está chamada a ser a futura zona de asentamento poboacional de Burela. Como pasou coas Calles Novas, dentro de corenta anos será o momento de facer as valoracións pertinentes, e serán as xeracións futuras as que nos xulguen sobre o que estamos facendo no presente”.
Barcia tamén afirmou que “o tráfico debe mellorar substancialmente cos cambios que se producen. Torrentes vai axudar a desconxestionar certas rúas que nestes momentos soportan unha forte densidade de tráfico. E tendo en conta que os cambios sempre nos sorprenden, pedímoslles ós conductores que extremen a precaución durante os primeiros días, para evitar incidentes”.
O alcalde burelés manifestou que “o mesmo sábado pola mañá serán retiradas as vallas de obra, tanto as metálicas como as plásticas, e serán destapadas as sinais de tráfico instaladas que agora están inoperativas”. González Barcia afirmou que “para recibir a obra, e para abrila ó tráfico, foron colocadas máis medidas de seguridade, co obxectivo de evitar calquera tipo de problema ou en todo caso de minimizalo”.
José María González Barcia afirmou que “hoxe mesmo estamos procedendo a contratar a enerxía eléctrica e así poder abrir a urbanización con todo o que lle afecta en perfecto orden. Aínda que o alumeado público non funcionará ó cento por cento, dado que se deixarán acendidos os puntos de luz que afecten a interseccións de rúas e pasos de peóns. No restante, aplicaremos os criterios que estamos aplicando noutras zonas da vila, máxime tendo en conta que na unidade de actuación hai moi poucas edificacións. En todo caso, estas serán respectadas”.
No que se refire ó acto de inauguración, González Barcia indicou que “será un acto público, sencillo, pero cargado de significado; terá lugar á unha do mediodía do próximo sábado. Descubriremos unha placa conmemorativa na zona verde de Torrentes, e logo retiraremos simbólicamente unha valla de obra; a partires de ese momento, a urbanización quedará para uso e disfrute de todos os veciños de Burela e os propietarios dos solares poderán facer con eles o que estimen oportuno”.
O rexedor burelés fixo un percorrido pola historia desa unidade de actuación: “Torrentes estaba xa nas normas subsidiarias de planeamento de Burela de finais dos oitenta e principios do noventa. Nada se falou da mesma ata o ano 2005; naquel momento, dous propietarios presentaron un proxecto de reparcelación que o Concello tramitou cumprindo escrupulosamente a normativa vixente. En 2006 redactouse o proxecto de urbanización, obras que foron adxudicadas sendo eu alcalde en abril de 2007. O prazo de execución era dun ano, pero por razóns que outros saberán as obras non se remataron hasta que nós chegamos de novo ó concello en xuño de 2011. Tivemos que rematar a obra, facer todos os trámites no Rexistro da Propiedade, dado que non se fixera nada os anos anteriores…. E todo eso para poder recibir a obra hai dous meses, e inaugurala e abrila agora”.
González Barcia finalizou indicando que “para pechar definitivamente a tramitación administrativa da unidade de actuación aínda quedan algún flecos, son mais cuestións de xestión propiamente admistrativa ca outra cousa. Invito a todos os propietarios de Torrentes e veciños de Burela a que asistan o vindeiro sábado á apertura da urbanización, na seguridade de que a mesma redundará positivamente para Burela”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



