Ribadeo, 14 de novembro de 2013. O Concello inaugura mañá, 15 de novembro, unha nova oferta de ocio dirixida ás parroquias. Segundo explican desde as Concellarías de Igualdade e Servizos Sociais “ao igual que aconteceu no seu día coa ximnasia de mantemento, trátase de achegar novas actividades para dinamizar o rural e garantir unha igualdade entre a cidadanía que reside no núcleo urbán e a do rural”.
As tardes de lecer darán comezo, a modo de proba, os días 15 e 20 de novembro, respectivamente e seguirán ata finais de ano todos os mércores e venres. Mariluz Álvarez Lastra e Teresa González Piñeiroa indicaron no acto de presentación desta programación que “as tardes constarán de dúas horas de duración, nas que se farán un compendio de obradoiros alongados no tempo, complementados con actividades de carácter puntual. Nas tardes de lecer haberá un obradoiro de memoria, no que ademáis se aproveitará para recoller lendas, contos, ditos, cantigas… e tamén hai previsto un clube de xogos e actividades manuais, acompañadas dun café e de tertulia”. A actividade denomínase Aquí…como de 20. Obradoiros de memoria.
Mañá, 15 de novembro, as tardes de lecer darán comezo na escola de Cedofeita de 16 a 18 horas e na escola das Anzas de 18:30 a 20:30 horas. Xa o vindeiro mércores, 20 de novembro, estas actividades chegarán á escola de Rinlo de 16 a 18 horas e á escola de Vilaselán de 18:30 a 20:30 horas.
As Concellaría de Igualdade e Servizos Sociais tamén anuncian que “de forma forma rotativa polas diferentes parroquias haberá na fin de semana Seráns con baile” e subliñan que “a estas actividades poderá acudir calquera veciña/o aínda que non sexa da parroquia na que se vai realizar dita actividade. Non é preciso anotarse”.
González Piñeiroa e Álvarez Lastra animan “a participar destas tardes de lecer e dos seráns con baile, que seguirán despois do Nadal noutras parroquias do noso concello”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



