Santiago de Compostela, 14 de novembro de 13. O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, criticou que a Xunta teña decidido substituír as estadías de alumnos de primaria e secundaria no estranxeiro por mini cursos de inglés privatizados “mentres torpedean o programa Erasmus” nunha posición que considerou “contraditoria”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Educación do Parlamento.
O responsable socialista criticou a política de aprendizaxe de linguas estranxeiras do PP, xa que “mentres intentan mellorar as competencias lingüísticas dos estudantes galegos organizando mini cursos de inglés nos Peares en período lectivo e pagando 300.000 euros a unha empresa privada, ao mesmo tempo pretenden eliminar ou reducir á mínima expresión os programas de inmersión lingüística e os programas Erasmus”.
Advertiu que mentres poñen en marcha estas actuacións “moito menos eficaces”, e que custarán en torno a 300.000 euros para unha empresa privada, eliminan as estadías dos mozos mozas en países estranxeiros”. Dixo que “cambiar estadías en Inglaterra, Irlanda, EEUU ou Canadá por mini cursos dunha semana nos Peares non parece a mellor opción para que os nosos estudantes aprendan inglés”.
Ademais, reclamou “plans mais ambiciosos” e “proxectos serios e rigorosos para mellorar as capacidades lingüísticas dos nosos estudantes”. Esixiu que “faciliten as estadías do noso alumnado e confíen no profesorado e non lle falten ao respecto levando aos seus alumnos aos Peares en pleno curso lectivo en vez de facelo nas súas aulas”, cos seus propios medios e cos seus profesores e profesoras.
Docasar reclamou potenciar as estadías no estranxeiro en períodos vacacionais, a actualización permanente do profesorado, a mellora dos equipamentos de colexios e institutos e ampliar a presenza de auxiliares de conversación nos centros educativos.
Chamou a “dicirlle aos nosos estudantes o importante que é hoxe coñecer linguas estranxeiras e non cometamos a estupidez de torpedear ese programa Erasmus que tanto e tan bo leva feito por mellorar as capacidades lingüísticas dos nosos estudantes nos últimos anos”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



