Barreiros, 15 de novembro de 2013. O BNG de Barreiros continúa achegando a información e documentación pública sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Barreiros ás veciñas e veciños. Con estes actos, os nacionalistas pretenden “ter informadas ás persoas que van sufrir as consecuencias desta regulamentación.” Aínda que desde o BNG advirten de que “esta é a documentación inicial e aínda non está aberto o prazo de alegacións, serve para exemplificar o proxecto que o goberno do Partido Popular ten para Barreiros.” Cos planos que están a disposición pública a día de hoxe, pode verse como nas parroquias do interior do concello, desde Celeiro de Mariñaos cara ao interior, o solo de núcleo rural que se contemplaba nas normas subsidiarias do 94 e que estaban vixentes no que respecta a cualificación ata este momento, desaparece nunha porcentaxe altísima; reducindo os núcleos aos lugares onde xa hai edificacións e deixando numerosas vivendas fóra de núcleo rural.
Os nacionalistas advirten que “esta discriminación das parroquias do interior, outra discriminación máis que se xunta á falla de servizos e de atencións por parte do goberno municipal, vén dada porque o solo onde se pode edificar se concentra nas parroquias costeiras e, concretamente, nas zonas onde xa se ten construído para amparar as grandes promocións.” Desde o BNG consideran que “esta ordenación urbanística non é casual, nen moito menos, senón que responde a unha estratexia que o Partido Popular ten para este País e que aplica alí onde ten ocasión: o desmantelamento do rural en todos os ámbitos, a redución deste a unha especie de paraxe natural no que non se garanten as condicións para vivir, fomentando o seu despoboamento. Ademais, no caso de Barreiros, compleméntase perfectamente coa intención de dar saída á desproporcionada oferta de vivenda que se acumula nas promocións construídas durante os anos da
burbulla inmobiliaria”, explica a portavoz municipal, Ana Ermida.
Nestas tres semanas que os nacionalistas levan realizando diversos actos coas veciñas e veciños, puideron constatar “o malestar que causa que, unha vez máis, o goberno municipal do Partido Popular non só se esqueza do interior do concello; senón que o utilice ao seu antollo para cumprir os caprichos dos grandes promotores que camparon, e parece que seguen a campar, ás súas anchas por Barreiros.”
Desde o BNG barreirense anuncian que seguirán informando á poboación e xa anticipan que o seu grupo municipal presentará as alegacións pertinentes no seu momento para que “non se consolide a inxustiza de sacarlle ás veciñas e veciños que sosteñen o concello e que residen nel durante todo o ano para amañar as desfeitas que fixeron os de fóra.” Neste sentido, os nacionalistas realizarán novamente actos en todas as parroquias cando estea máis avanzada a documentación e se poidan realizar as alegacións de particulares.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



