Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2013.-A Subdireción Xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar está a promover a constitución dunha cooperativa especializada na comercialización da faba amparada baixo a IXP Faba de Lourenzá e outros produtos de horta da Mariña lucense co obxectivo de poñer en valor este produto, obviando a intervención de intermediarios, e sendo comercializado polos propios produtores, a prezos de mercado coherentes, transparentes e non especulativos.
Dende o mes de agosto, data de comenzo da iniciativa, mantivéronse máis de dez reunións con diversos produtores da Mariña que derivaron na constitución dun grupo promotor encargado de estudar as peculiaridades da produción e comercialización destes produtos con vistas a avaliar a posta en marcha dunha cooperativa para a comercialización regulada, profesionalizada e conxunta da faba e dos produtos de horta autóctonos.
Na próxima semana, representantes de AGACA e do grupo promotor desplazaránse aos concellos de Ribadeo, Lourenzá e Alfoz para dar a coñecer o proxecto da cooperativa que levará por nome Terras da Mariña, S. Coop. Galega e motivar a que os máis de 380 produtores que, actualmente, producen e comercializan a nivel individual, se integren nesta cooperativa.
Anualmente, segundo as estimacións do grupo promotor, a produción media anual da faba integrada na IXP Faba de Lourenzá, supera as 300.000 toneladas, sendo 200.000 t comercializadas directamente polos fabeiros, a través de intermediarios. O mercado desta faba xera un movemento económico de dous millóns de euros.
Unha vez constituída a cooperativa, será a primeira dedicada a esta actividade en Galicia.
|
DATA |
LUGAR |
HORA | |
| Ribadeo | 18 NOVEMBRO | ESCOLA DE CEDOFEITA | 11:00-12:30 h |
| Lourenzá | 20 NOVEMBRO | SALÓN ACTOS CASA DO CONCELLO | 11:00-12:30 h |
| Alfoz | 22 NOVEMBRO | SALÓN ACTOS CASA DO CONCELLO | 11:00-12:30 h |




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



