LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do seu homólogo en Barcelona, Antonio Fogué Moya, clausurou este luns o I Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos, que ademais coincide coa celebración do 30 aniversario dos municipios democráticos. Na intervención perante ós medios de comunicación, Gómez Besteiro destacou que “hace casi dos años nos embarcamos en hacer necesaria y útil esta Diputación, y esto lo conseguimos convirtiendo la Cooperación en nuestra principal fuerza de acción política. Prueba de esto es también que hace menos de un año en Lugo se celebró la primera salida oficial de la Comisión de Diputaciones de la FEMP”.
Dentro do papel que cumpre a institución luguesa como administración intermedia ó servizo dos Concellos, o máximo mandatario provincial subraiou as actuacións máis imporatantes coas que a Deputación coopera cos municipios da provincia, e que suman uns 70 millóns de euros ó ano. “Nuestra piedra fundamental a la hora de actuar en clave de Diputación es la Cooperación. Lo vimos ante el Plan E de Zapatero, donde a las 24 horas estábamos contestándole a los Ayuntamientos y cubriendo esa brecha que quedaba del Plan con la financiación de los proyectos. Aquí nos convertimos en una administración útil”.
O responsable lembrou outras actuacións que representan o 90% da actuación global da institución como o Consorcio Provincial de Bombeiros; o pago do canon hidroeléctrico a Chantada e ó resto de Concellos afectados; os Plans de Comunidades Veciñais, de Obras e Servizos, de pequenas infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes; do asesoramento que presta en recursos humanos; o novo sistema provincial de Recadación; ou a xeración de solo industrial na provincia a través de SUPLUSA. “Con este apoyo, en estos dos años la Diputación ha ganado prestigio y peso institucional. Y esto lo hemos querido celebrar hoy con esta jornada que representan el trabajo conjunto, la suma y no la resta”.
Pola súa banda, o responsable da Deputación de Barcelona amosou a súa satisfacción por participar no encontro, “ya que es una oportunidad para compartir la experiencia y el trabajo que servirá para fortalecernos ambas Diputaciones. Se trata de que a partir del conocimiento y de la experiencia se puedan obtener ventajas mutuas que al fin y al cabo repercutirán en los Ayuntamientos y sobre los ciudadanos”.
Barcelona conta con 311 municipios, dos que 200 teñen menos de 5.000 habitantes e 100 menos de 1.000. “Por tanto, la Cooperación hay que entenderla desde el punto de vista que persigue la equidad en la prestación de los servicios públicos locales, de tal forma que todos los vecinos estén en igualdad de oportunidades. No puede haber una relación de jerarquías, sino que tiene que establecerse que la Cooperación sea entre iguales, porque todos somos administración local”, engadiu Antonio Fogué Moya.
I Encontro de Cooperación
O Salón de Actos da Deputación acolleu o I Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos. O simposio contou coa presenza de Alcaldes, Parlamentarios galegos e traballadores da administración local en xeral. O acto comezou coa recepción oficial ó titular provincial barcelonés, á Coordinadora de Concertación e Asistencia Local, Laia Claverol Torres, e ó representante do servizo de Protocolo desa institución, José María Cantarero, no Despacho do Presidente lugués. Gómez Besteiro fíxolles entrega de tres lotes de productos autóctonos “Lugo Sabe”. A continuación, a comitiva deprazouse ata o Mazo de Santa Comba, onde fixeron un percorrido polas instalacións provinciais.
Xa dentro do programa do Encontro, o Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, foi o encargado de inaugurar o simposio no que se explicou o novo servizo que a Deputación acaba de organizar e regularizar, así como o seu catálogo de prestacións e estrutura. Este novo servizo estará dividio en tres grandes áreas: xurídica, económico-financieira e técnica. Esta última, estará integrada pola asistencia urbanística, novas tecnoloxías, xestión administrativa, xestión de recursos humanos, patrimonio, expropiacións, medio ambiente, arquivo e protocolo. No encontro, tamén se informou de programas que o organismo lugués está a levar a cabo como o Innova-TE, dirixido á implantación das novas tecnoloxías na Deputación e nos Concellos da provincia.
Posteriormente, a reponsable de Cooperación e Asistencia Local barcelonesa impartiu a ponencia “Instrumentos de gestión de la concertación y la asistencia municipal a la Diputación de Barcelona”. Seguidamente, o Presidente da institución provincial catalana disertou sobre “la concertación local en las instituciones locales de segundo nivel”. O Encontro foi clausurado polo Presidente da Deputación de Lugo e polo da de Barcelona.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



