Ribadeo, 21 de novembro de 2013. Xa está aquí a III Festa do Comercio que organiza ACISA e que neste 2013 repartirá 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
Dende a directiva de ACISA explican que “todas aquellas personas que entre el 22 de noviembre y el 7 de diciembre hagan sus compras y consuman en los locales asociados recibirán las papeletas para participar en el sorteo que tendremos el día 7 por la tarde”.
A III Festa do Comercio dará comezo ás cinco da tarde cunha chocolatada a favor de Cáritas, “queremos ayudar a recaudar fondos para aquellas familias que lo necesitan y que en Ribadeo, al igual que en otros muchos lugares, cada vez son más”. A partir das 18 horas haberá pasarrúas por Ribadeo para animar á xente a achegarse a Cine Teatro a disfrutar da festa do comercio, que dará comezo ás oito coa actuación do grupo ribadense Remakers. O broche de ouro á xornada poráo o sorteo de 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante o Nadal.
A directiva de ACISA sinala que “pondremos en juego 5 premios. El primero estará dotado con 500 euros, el segundo con 400, el tercero con 300, el cuarto con 200 y el quinto con 100 euros. En total son 1.500 euros en vales de compra para consumir en nuestros locales asociados: comercio y hostelería. Como siempre será necesario estar presente en el sorteo del Cine Teatro para poder llevarse el premio”.
Dende a Asociación de Comerciantes, Industrialis, Servizos e Autónomos de Ribadeo animan “a hacer las compras de estas fechas en el comercio tradicional de nuestra localidad, todo un referente en la zona. Y con la III Festa do Comercio queremos premiar su fidelidad”.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



