A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, supervisou este xoves as actuacións levadas a cabo en tres Concellos mariñanos, ó abeiro do Plan de Axudas ó Medio Rural que, dotado con 300.000 euros, impulsa o sector primario mellorando servizos e infraestruturas básicas no rural. Son en total catro actuacións nos Concellos de Cervo, Xove e Lourenzá, coas que a institución provincial achegou máis de 20.000 euros –dun total de 70.000 destinados a Concellos mariñanos-, financiando ó 100% estas obras, solicitadas por asociacións de veciños e gandeiros.
Lara Méndez destacou a importancia destas “pequenas grandes obras, que cunha aportación máxima de 6.000 axudan a dignificar e mellorar as condicións de vida de moitos veciños do rural, como os máis de 1.000 mariñanos destes tres Concellos que se verán beneficiados con estas catro subvencións”. Estes catro colectivos son parte dos preto de 60 que en toda a provincia recibiron axudas para obras realizadas no 2012 ou acometidas ata o mes de xuño de 2013.
As obras supervisadas hoxe consistiron no acondicionamento da contorna do local social da Senra, no Concello de Cervo, do que se benefician os máis de tantos usuarios deste local. No Concello de Xove foron as obras de mellora do abastecemento de auga para explotacións gandeiras en Vilachá, na parroquia de Portocelo, do que se benefician os preto de 400 veciños residentes nela. Neste mesmo Concello, tamén recibiron axuda para a mellora de accesos a vivendas os veciños de Regosangüento, na parroquia da Rigueira, onde viven unhas 800 persoas. No Concello de Lourenzá, a Deputación financiou ó 100% das obras de mellora da traída de auga en San Pedro da Cazolga, na parroquia de Santa María de Lourenzá, a máis poboada do Concello, xa que conta cuns 1.000 veciños. Hai que destacar que preto do 50% das obras realizadas foron precisamente as de acondicionamento de vías de acceso a vivendas e explotacións gandeiras, seguidas polos arranxos e canalizacións de auga, que supuxeron preto do 20% do total.
Impulso do sector primario
Esta iniciativa do organismo provincial lugués permitiu a realización dun total de 120 obras no rural de 47 Concellos, ó financiar na súa totalidade os custes das actuacións levadas a cabo. Acondicionamento de vías, locais sociais, áreas recreativas, traídas de auga, fontes, cercados de pastizais, curros para o gando ou depósitos de auga para a extención de incendios permitiron impulsar o sector primario, ademais de dar empreso a unha media de 300 persoas.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



