A Mariña, 21 de novembro de 2013. Integrantes de emigrantes retornados comparecen ante os medios de comunicación para facer públicas as notificacións de Facenda que obrigan a unha afectada a abonar coa data límite do 20 de decembro sancións e intereses por declaración non efectuadas dos anos 2008, 2009,2010 e 2011 por importe de 2.624,21 euros – 1.829,69 de sancións e 754,59 de intereses – despois de ter abonado 6.969,85 de débeda principal por estas anualidades. Elena Vázquez síntese perseguida por Facenda xa que en diferentes ocasións preguntou na ai organismo estatal pola necesidade de facer declaracións polos seus ingresos procedentes de dúas pagas de viuvez procedentes de Suíza, contestándolle que era innecesario. Esta emigrante retornada de Suíza percibiu no ano 2012 ingresos por importe de 17.000 euros polos que abonou á facenda estatal 2.339,51 euros.
SANCIÓNS INXUSTAS PARA TRABALLADORES EMIGRADOS E PREMIOS PARA A DELINCUENCIA QUE EVADIU DIÑEIRO NEGRO AO ESTRANXEIRO.
Membros da xestora de Emigrantes Retornados da Mariña acompañaron a Elena Vázquez para denunciar a persecución da Facenda do Estado a Emigrantes Retornados ao empezar a remitir ás persoas como Elena que recibiron notificacións de Facenda reclamándolles cantidades pendentes de pago do ano 2008 ao 2011. Esta emigrante retornada, que pasou varios anos en Suíza, recibiu antes do remate do período de declaración deste ano cartas reclamando o abono de cantidades correspondentes aos anos 2008 a 2011 polas que xa abonou 6.969,85 euros. Agora acaba de recibir oito cartas de pago mais, dúas por ano, que lle reclaman en concepto de intereses e sancións 2.624,21 euros que deberá abonar antes do 20 de decembro. Elena Vázquez percibiu ingresos no ano 2012 por 17.000 euros por dúas pagas polas que declarou e abonou 2,339,51 euros.
A VARA DE MEDIR DA FACENDA ESPAÑOLA É IMPLACÁBEL COA CLASE TRABALLADORA E CONSINTE AS DÉBEDAS DAS GRANDES FORTUNAS OU OS GRANDES CLUBS DE FUTBOL
O colectivo denuncia o trato inxusto da Facenda Estatal co colectivo de emigrantes galeg@s que marcharon obrigatoriamente para poder traballar, e durante anos estiveron transferindo divisas ao Estado Español, unha situación moi diferente a aqueles que consciente e voluntariamente evaden diñeiro en B a paraísos fiscais que acaban premiados por Facenda con amnistías fiscais.
O colectivo volve denunciar que boa parte dos/das emigrantes foron enganados pola propia Facenda quen lles recomendou non declarar os ingresos procedentes do estranxeiro e agora carga contra eles cun afán recaudatorio que non teñen cos grandes evasores fiscais ou cos grandes debedores á facenda pública, caso dos clubs de fútbol. Tanto é así que algúns afectados valoran a posibilidade de volver marchar ou prescindir dalgunha das pagas que perciben da emigración, en moitos casos minúscula, tendo en conta que moita xente emigrada nos anos 60 non so estivo nun país, senón en varios e por períodos curtos de tempo o que provoca a existencia de varias retribucións por xubilación.
Neste sentido aclaran que a súa reclamación para igualar a cantidade fixada por facenda, independentemente de se existen un ou mais pagadores, beneficiará ao conxunto da sociedade, tamén ás persoas en activo. Non é xusto, sinalan, que unha persoa teña que declarar si ten un pagador a partir de 22.000 euros de ingresos anuais e outras teñan que facelo a partir de 11.200 cando teñen dous ou mais pagadores.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.



