Este venres, a partires das 23 horas, terá lugar un novo sorteo do Campañazo, que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos durante os venres do mes de novembro e no que se porán en xogo outros 600 euros en vales de compra: 300 para o primeiro que cante o bingo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. No sorteo do pasado venres foron tres as persoas que se repartiron os 300 euros do bingo do Campañazo. Os afortunados foron: José Ramón Méndez Rodríguez, Manuel Vázquez Teijeiro e Ismael Neira Ramos, os tres seguiron o sorteo e cantaron o bingo na pizzería Xoíña. Outras seis persoas resultaron agraciadas con 50 euros en vales de compra cada unha.
Novo sorteo do Campañazo este venres
Novo sorteo do Campañazo este venres
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo