Cervo, 22 de novembro de 2013- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, ofreceu este venres unha rolda de prensa xunto a varios edís do equipo de goberno para facer unha proposta construtiva na procura dunha solución á situación de Sargadelos. Villares pídelle á Deputación que destine 3 millóns de euros para axudar a Sargadelos como ben cultural da provincia de Lugo. Unha contía que o Goberno Provincial tiña previsto investir na compra do Torques de Burela e da colección de Álvaro Gil e que finalmente non se gastou porque non chegaron a acordos coa familia.
Desta forma, o Concello solicita que “os 3 millóns de euros que non se destinaron á compra do Torques de Burela se poidan redirixir para axudar a Sargadelos” explica o primeiro edil. Villares engade que “eses cartos estaban previstos para un ben cultural como o Torques, e agora pódense redistribuír para axudar a outro ben cultural como é Sargadelos, de forma que os 3 millóns de euros terían un uso similar, contribuír coa cultura da provincia de Lugo”.
O mandatario cervense asegura que “coincidimos co presidente da Deputación cando hai uns días manifestaba nos medios de comunicación que Sargadelos é un ben de interese cultural que é necesario protexer”. Neste sentido Villares asegura que o importante agora é buscar solucións “posibles e reais” para Sargadelos, “e esta saída podería ser factible, xa que se os cartos estaban dispoñibles hai un mes, cando se negociaba coa familia o pagamento dos 3 millóns de euros, igual tamén o poderían estar agora”.
Por iso, o primeiro edil solicitou no día de hoxe unha entrevista urxente co presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, para trasladarlle persoalmente esta proposta e coñecer as súas impresións sobre a mesma.
O rexedor explica que o “ideal” sería que o Goberno Provincial entrase no capital da empresa con eses 3 millóns de euros. Unha boa fórmula que permitiría á Deputación e á provincia de Lugo “ter máis peso na xestión de Sargadelos e, desta maneira, defender que a raíz da factoría siga estando en Cervo” manifesta.
Unha medida, a de entrar no capital da empresa, que suxire o mandatario cervense pero que non é excluínte nin pecha as portas a outras posibles maneiras de aproveitar eses 3 millóns de euros. “O importante é defender Sargadelos como un ben cultural ao que están ligados moitos postos de traballos e moitas familias e, por suposto, que o proxecto cerámico que naceu nesta parroquia de Cervo siga aquí”.
Cabe destacar que o alcalde xa lle trasladou esta proposta ao comité de empresa na reunión mantida onte con eles.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



