Recordando a conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, sufrida por miles de mulleres no noso país, na Unión Europea e en todo o mundo, especialmente daquelas que non contan cos recursos necesarios para recoñecela e denunciala pola súa falta de aceso á xustiza, como lles sucede a non poucas mulleres con discapacidade.
Advertindo da existencia de formas agravadas de violencia contra a muller que persisten na nosa sociedade entre quen padece unha situación gravemente desfavorable pola concorrencia de factores de exclusión social, como a discapacidade, a pobreza e o desemprego, provocando unha discriminación estrutural, polo que se deben tomar medidas ao respecto contando cos apoios e axudas necesarias.
A invisibilidade da que aínda son obxecto as mulleres e nenas con discapacidade, débese, en gran parte, ao estigma que se ten delas: “persoas inmaduras, infantís incapaces de toma de decisión, asexuadas,…” e se traduce en que se pode abusar delas e negarlles os seus dereitos con toda impunidade.
Algunhas formas de violencia contra as mulleres e nenas con discapacidade non se visibilizan como tal violencia, debido a que segue predominando a discriminación por motivos de discapacidade, o que fai que non sexa tido en consideración na planificación das políticas para erradicar a violencia nas mulleres e nenas nin visto pola poboación en xeral como un problema social ao que hai que dar resposta.
NO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, A ASOCIACIÓN ACADAR (ASOCIACIÓN DE MULLERES CON DISCAPACIDADE DE GALICIA)
E S I X IMOS:
1. Adoptar as medidas de apoio necesarias para garantir o pleno exercicio dos dereitos das mulleres con discapacidade, en concordancia coa Convención sobre a Eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller (CEDAW) e a Convención sobre os Dereitos das persoas con Discapacidade (CRPD), tratados de Nacións Unidas ratificados por España en 1984 e en 2007 respectivamente e, polo tanto, de obrigado cumprimento no noso país.
2. Que se garanta o aceso ás mulleres e nenas vítimas de violencia a todos os bens, servizos e recursos aos cales teñen dereito calquera muller vítima de violencia de xénero.
3. Que se incorpore o indicador da discapacidade en todas as estatísticas de violencia contra as mulleres, tanto maiores como menores de idade, de calquera ámbito territorial.
4. Que se incorpore a discapacidade nas campañas de prevención e sensibilización contra a violencia, e que se distribúan en formatos accesibles.
5. Que se realicen cursos de capacitación para as mulleres con discapacidade, coa fin de que poidan exercer os seus dereitos en igualdade de condicións na sociedade.
6. A revisión e conseguinte modificación da lexislación discriminatoria vixente cara ás mulleres con discapacidade no que respecta á súa maternidade, incluídas as medidas de carácter lexislativo, administrativo, social e educativo; sobre todo, no caso dos dereitos á custodia de fillos e fillas no caso de separación ou divorcio, adopción, acollida familiar e doutras formas de paternidade e maternidade sociais.
7. A formación urxente de xuíces e de fiscais en relación cos principios e mandatos da Convención sobre os Dereitos Humanos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas con perspectiva de xénero, como o dereito á maternidade das mulleres con discapacidade, por ende, á responsabilidade de criar aos seus fillos e fillas respecto da tutela, curatela, custodia e adopción, ou institucións análogas, sen que a discapacidade sirva como pretexto para a retirada destas responsabilidades.
8. Asegurar que o aceso á xustiza sexa efectivo e accesible para todas as mulleres con discapacidade e durante todas as fases do proceso xudicial. Toda a información e todos os procesos de comunicación relativos aos dereitos legais, a asistencia xurídica e os procedementos xudiciais, proporcionándolles servizos de interpretación en lingua de signos ou servizos de apoio á comunicación, ademais de toda a documentación requirida en formatos de lectura fácil e noutros formatos alternativos, incluídos o braille.
UNÁMONOS PARA POÑER FIN Á VIOLENCIA CONTRA A MULLER, DUNHA VEZ POR TODAS!





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



