Lugo, 27 de novembro de 2013.- Un total de 7 centros educativos da provincia de Lugo participarán este curso na nova iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para recoñecer e impulsar as actitudes de colaboración e solidariedade entre o alumnado galego a través das bibliotecas escolares. Enmarcado no Plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe, este programa ‘Voluntariado de Lectura-A’, converte a Galicia en Comunidade Autónoma pioneira na creación dunha iniciativa para recoñecer o voluntariado de lectura do alumnado desde o ensino en primaria.
En concreto os centros inscritos nesta iniciativa na provincia son os seguintes:
| Centro | Concello | Modalidade
‘Colaboración coa biblioteca escolar’ |
Modalidade ‘Ler con…D’ | Modalidade ‘Ler con…F’ |
| CPI de Castroverde | Castroverde | X | ||
| CPI Virxe do Monte | Cospeito | X | X | X |
| CEIP Fondo Nois | Foz | X | X | |
| CEIP Rosalía de Castro | Lugo | X | X | X |
| CEIP A Gándara | Monforte de Lemos | X | X | |
| CEIP Gregorio Sanz | Ribadeo | X | X | X |
| CEIP Plurilingüe de Covas | Viveiro | X | X | X |
O obxectivo desta iniciativa é estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura, o que poderá concretarse a través da colaboración do alumnado nas diferentes actividades desenvolvidas na biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura compartida organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro, nas que poderán participar, así mesmo, outros sectores da comunidade educativa. Este labor poderá encadrarse nalgunha ou en varias das tres modalidades desta primeira convocatoria: ‘Colaboración coa biblioteca escolar’, ‘Ler con…D’, e ‘Ler con…F’.
De entre o total de 44 participantes en toda Galicia, ao remate do curso seleccionaranse 4 centros – un de cada provincia- cuxos estudantes e profesores implicados compartirán as súas experiencias nunha xornadas de convivencia, no marco das que asistirán a diversos obradoiros, nos que se incidirá nos valores do voluntariado e nas posibilidades do voluntariado cultural. Ademais, abordaranse aspectos relacionados co cooperativismo, os xogos tradicionais, a lectura expresiva, a narración oral, o uso saudable das redes sociais. As nenas e nenos participantes tamén terán ocasión de presentar as actividades de voluntariado de lectura que levaron a cabo durante o curso ao resto de asistentes, e realizarán visitas a bibliotecas e outras institucións culturais do entorno do Centro Residencial Docente da Coruña, onde se celebrarán as xornadas.
Dinamización da lectura dentro e fóra do centro
A primeira convocatoria de ‘Voluntariado de Lectura-A’ ten tres modalidades. Así, ‘Colaboración coa biblioteca escolar’, vai dirixido ao alumnado que forme parte do equipo de colaboradores que xunto co profesorado, e baixo a súa supervisión, contribúen ao bo funcionamento da biblioteca do centro. Nesta modalidade participan 6 dos centros educativos seleccionados na provincia.
As outras dúas modalidades refírense ás actividades de lecturas compartidas. En concreto, ‘Ler con… D’ (Lecturas compartidas dentro do centro) vai dirixido aos participantes que desenvolvan actividades de acompañamento na lectura a outros compañeiros ou compañeiras, dentro ou fóra do horario lectivo (as denominadas “apadriñamentos lectores”, ou outras). En total serán 7 centros os que desenvolvan esta segunda modalidade, podendo desenvolver algunha das outras dúas.
No caso de ‘Ler con… F’ (Lecturas compartidas fóra do centro), comprende as actividades de acompañamento na lectura realizadas fóra do centro, tanto con outros nenos e nenas de escolas infantís, outros colexios, biblioteca pública ou institucións do concello; como con anciáns nas residencias de maiores lectura a enfermos nos hospitais, entre outras. Tamén poderán incluírse neste apartado actividades nas que o alumnado teña unha participación activa na organización e desenvolvemento de actividades de lectura pública na parroquia, a vila ou o barrio. Serán 4 os centros que, a maiores das dúas devanditas, desenvolvan esta modalidade.
Estender os beneficios da biblioteca escolar
‘Voluntariado de Lectura-A’ nace a partires da constatación de que cada vez máis alumnas e alumnos se están a implicar nas tarefas de atención á biblioteca e de mediación cos seus compañeiros, creando este xermolo de voluntariado cultural. Así mesmo, e a través de iniciativas como as Mochilas Viaxeiras ou os Clubs de Lectura as familias están avanzando na súa implicación nas actividades organizadas polas bibliotecas escolares, sendo en moitos casos os máis pequenos da casa os que actúan como mediadores para que nais, pais e avós a relacionarse cos novos soportes e a formarse como lectores a través delas.
Con esta nova iniciativa a Consellería de Cultura e Educación quere dar un paso máis, tanto no que atinxe ao papel da biblioteca escolar na aprendizaxe do alumnado – en coñecemento e en valores como a solidariedade-, como para estender a toda a comunidade educativa e á súa contorna os beneficios que supoñen á hora de mellorar o rendemento académico e de contribuír a preparar á cidadanía para afrontar os retos da sociedade da información. Ademais cómpre salientar o papel das bibliotecas como espazos de aprendizaxe que favorecen a adquisición de todas as competencias básicas contempladas no currículo, contribuíndo así mesmo a mellorar a competencia en comunicación lingüística do alumnado, así como as competencias para o uso e a produción de información e, en xeral, todas as competencias básicas.
A iniciativa intégrase, así mesmo, como iniciativa de voluntariado nos programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Neste sentido, pola súa participación nesta actividade, o alumnado e profesorado implicado recibirá unha certificación oficial de teren intervido nesta actividade, de conformidade co establecido na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción Voluntaria.






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



