Lourenzá, 27 de novembro de 2013. Cos actos celebrados este martes remataron as actividades organizadas polo Concello de Lourenzá neste ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, fixo hoxe un balance moi positivo desta iniciativa e anunciou que o goberno municipal proxecta ter de forma permanente a ruta literaria sobre don Paco que se percorreu o 25 de xullo.
“Onte celebramos o último acto do centenario de Francisco Fernández del Riego. Dende o Concello de Lourenzá dedicamos este ano a don Paco por ser unha persoa nacida neste municipio e sobre todo porque non se pode poñer en dúbida que foi un dos maiores galeguistas da nosa época. Tal como dicía el no seu libro Camiño andado, a mente sostense viva, lúcida, pero os ollos van gastos e envellecidos os ósos. Desa maneira don Paco foi pauseniñamente abandonando o noso mundo pero deixounos o seu legado para que todos nós puideramos gozar del. Onte cumpríanse tres anos da súa morte e era a última data escollida polo Concello de Lourenzá para celebrar un acto conmemorativo durante este ano 2013. Inauguramos unha exposición que está composta por 23 paneis nos que se recollen distintas caricaturas feitas por coñecidos debuxantes galegos e tamén varias verbas que diversos autores escribiron sobre este persoeiro. Unha vez rematada esta inauguración por parte da concelleira de Cultura, comisaria da mostra xunto con Manuel Román Ramos, procedeu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a ler unha lembranza da figura de don Paco diante do seu busto que está situado na Praza do Conde Santo”, explicou a rexedora municipal.
Emma Álvarez fixo un balance “moi positivo deste ano, no que tivemos no recordo a don Paco dende o 7 de xaneiro, cando lembrábamos a data do seu nacemento; tamén recordábamos o 17 de maio como el foi a peza clave para que as nosas letras tiveran un día no calendario, polo que o Día das Letras Galegas quixemos lembrar o traballo que don Paco fixo pola nosa lingua e pola nosa cultura. Posteriormente o 25 de xullo dende o balcón da Casa do Concello recreamos o manifesto que no ano 31 don Paco leu desde ese mesmo lugar e no cal reivindicaba un lugar para as letras e para a cultura galega. Outra data importante foi o pasado 3 de novembro, cando se cumprían anos do seu nomeamento como fillo predilecto do noso concello. Houbo moi boa acollida por parte do noso pobo, pois unha representación de asociacións, de persoas mozas e maiores acudiron aos distintos actos”.
“Se me teño que quedar con un, quizás escolla aquela ruta literaria que fixemos o Día das Letras Galegas dentro do salón de actos pero que posteriormente, cando a meteoroloxía o permitiu, recreamos o 25 de xullo polas rúas de Lourenzá. A idea do equipo de goberno é que ese roteiro literario poidamos facelo permanente para que calquera persoa que veña a Lourenzá poida percorrer as súas rúas e ter presentes os lugares que foron claves na vida de don Paco e que quedaron recollidos na súa obra”, anunciou a alcaldesa.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



