Lugo, 29 de novembro de 2013. O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo e delegado da área de Benestar Social, Antonio Veiga, informou este venres, na rolda de prensa tras a Xunta de Goberno da Deputación, da efectivización do seu compromiso coa construción da Residencia da Terceira Idade de Ribadeo anunciando a aprobación do investimento no proxecto de 1.828.000 euros que se concretarán en catro anualidades desde este ano até 2016.
Veiga afirmou que “o noso compromiso co benestar é innegable. Nós non vendemos cifras, demostramos un compromiso firme co benestar dos nosos veciños e veciñas da zona oriental da Mariña. Ten que ser a Deputación quen asuma a construción desta infraestrutura, por outra banda moi demandada e totalmente necesaria, cando é a Xunta quen ten as competencias na materia”.
Neste senso, explicou que “do orzamento de 2013 consignouse para a residencia da terceira idade de Ribadeo unha subvención excepcional de 528.000 euros, no orzamento de 2014 reserváronse 500.000 euros para o mesmo fin, e estableceuse unha previsión de crédito de 600.000 euros para 2015 e de 200.000 para 2016. Deste xeito, entendemos que queda materializado e concretado o compromiso da Vicepresidencia da Deputación Provincial con este proxecto tan necesario para a vila e tan demandado polos seus veciños e veciñas e responsábeis políticos de todas as formacións; algo que parecen ignorar desde a Xunta de Galiza”.
Para Antonio Vegia “este investimento é unha mostra máis de que unha das principais liñas de goberno do ente provincial é dotar a todas as comarcas de Lugo de servizos sociais básicos para os máis maiores garantindo o seu benestar e cumprindo principios esenciais como os de liberdade, normalidade, equidade, eficiencia e promoción da autonomía persoal, máis aínda para aquelas persoas con algún tipo de dependencia”.
“Investir en políticas sociais –continuou o vicepresidente e delegado de Benestar Social- é primordial en Galiza e en particular en Lugo, dadas as circunstancias que viven os pensionistas do país, cunha pensión media mensual de 721,78 euros, mentres no resto do Estado a media é de 858,1 euros mensuais; pensións ás que, ademais, debemos restar os diferentes copagos implantados polo Partido Popular no eido sanitario nos últimos dous anos e a suba de impostos, e que deixan unha marxe mínima para levar unhas condicións dignas de vida ou poder acceder a centros privados de atención á terceira idade”.
Declaración contra a violencia de xénero
A Xunta de Goberno aprobou tamén unha declaración institucional contra a violencia de xénero coa finalidade de reclamar melloras nas axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, para o que cómpre estabelecer uns baremos de renda idénticos aos que se recollían nas convocatorias anteriores a 2011, eliminar a incompatibilidade do cobro desta axuda no caso de se beneficiar con anterioridade das medidas recollidas no artigo e garantir que o prazo de presentación de solicitudes desta axuda está aberto durante todo o ano, fixar un prazo máximo de 30 días para a resolución e pago efectivo das axudas desde o momento da súa solicitude. Dada a situación de crise económica que viven as mulleres galegas, é preciso, asemade, ampliar a duración das axudas a 18 meses prorrogábeis até 24 meses segundo a situación da vítima.
O goberno da Deputación dirixirase ao Parlamento Galego para solicitar un estudo e valoración desta axuda económica durante os sete anos da súa aplicación, esixir o cumprimento ao contido do artigo 25 que recoñece a necesidade de integrar a “Atención psicolóxica” como un servizo de atención primaria, en coordinación coa atención especializada nas áreas sanitarias, implantar, tal como recolle o artigo 27 da lei, a través do departamento competente no ámbito sanitario un sistema de rexistro de casos de violencia de xénero.
A Deputación esixirá a aplicación do artigo 35 de “Medidas específicas no ámbito da formación e do emprego” garantindo que as mulleres que sofren violencia de xénero sexan colectivo preferente na totalidade da normativa autonómica relativa ao estabelecemento de axudas e subvencións ás empresas para a contratación de persoal e na empregabilidade en xeral, así como garantir o cumprimento dunha “Atención xurídica” axeitada, permanente e especializada en materia de violencia de xénero. Garantirase que as persoas profesionais que presten estes servizos terán unha formación específica en materia de violencia contra as mulleres como requisito para o exercicio desta atención. A Deputación de Lugo instará ao Goberno Galego a demandar de xeito efectivo do goberno do estado a creación dos xulgados específicos de Violencia de xénero nas cidades galegas que a día de hoxe aínda carecen deles.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



