Ribadeo, 29 de novembro de 2013. O vindeiro martes, 3 de decembro, pola tarde dará comezo a undécima edición do tradicional Mercado do Nadal de Ribadeo, que por segundo ano consecutivo está situado nas rúas peonís do centro da vila. En total 32 artesáns acoden a esta cita na que tamén haberá obradoiros de xoeiría, manualidades ou cestaría, mostras en vivo de tear e de olería, actividades para os máis pequenos e animación musical a cargo de grupos ribadenses coma Amigos da Gaita ou Alesancia. O Mercado do Nadal foi presentado este venres no Concello polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez.
O rexedor dixo que “aquí en Ribadeo todo o que funciona nunhas determinadas datas non só o volvemos reiterar ano tras ano senón que o melloramos e o ampliamos. Presentamos hoxe unha nova edición do Mercado do Nadal, deste mercado singular que facemos en Ribadeo e co que principiamos o Nadal aquí na nosa vila”.
Suárez Barcia sinalou que “xa van once anos desta iniciativa municipal que conta co apoio económico importante da Deputación de Lugo e que nos permite fixar a Ribadeo no mapa dos eventos e das actividades indispensables e insustituibles. A xente do noso concello e da nosa comarca, da Mariña luguesa e do Occidente asturiano, seguro que pasará a vindeira semana ver o Mercado do Nadal entre o 3 e o 8 de decembro. Comeza o martes pola tarde e remata o domingo pola noite”.
O alcalde ribadense seguiu a explicar que “haberá artesáns de coiro, de xoiería, de olería, de teas, de produtos de alimentación, de multitude de elaboracións artesanais que farán as delicias dos milleiros de persoas, que como todos os anos, se achegarán a Ribadeo, si o tempo o permite e a pesares das xeadas”.
Fernando Suárez indicou que “serán 32 artesáns, 33 stands en total porque o Concello tamén está presente, os que participen nesta edición. Aumentamos con respecto ao ano anterior. Haberá actividades para os máis pequenos e para os que non son tan pequenos: obradoiros de xoiería e de manualidades ou de cestería para nenos e tamén haberá mostras en vivo de olería de Bonxe e animación polas rúas con diversos grupos de Ribadeo”.
O rexedor manifestou que “este mercado se converte nunha cita ineludible nestas datas de Nadal e o que queremos é convidar a todos e a todas para que se deixen caer por aquí a vindeira semana. Sabemos que hai outras datas como o Ribadeo de tapeo ou outros eventos no calendario de Ribadeo, pero este colleu unha importante dimensión, de feito o ano pasado foi a primeira vez que cambiamos a carpa do parque por casetas situadas en varias rúas céntricas e neste 2013 repetimos esta modalidade nas rúas Reynante, Ramón González e Rodríguez Murias, para que poidamos espallar e que todos os que nos visitan acaben comprando no comercio, tomando nos bares da vila e que todo isto sexa unha atracción de riqueza para que os artesáns vendan, pero que para que o sector servizos tan importante en Ribadeo se vexa beneficiado desta iniciativa. E que estes Reis que veñen si cadra máis pobres que estes anos, pero coa mesma ilusión e ledicia están moi contentos de vir a Ribadeo antes de tempo, a principios do mes de decembro”.









O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



