Foz, 5 de decembro de 2013. A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz organiza a Festa do Viño Galego e do Porco Celta na ponte da Constitución, os días 6 e 7 de decembro, venres e sábado. Este evento gastronómico celebrarase en 23 establecementos hostaleiros da localidade.
Os locais participantes no festexo son A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar Acuario, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería May-Ros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hostal O Norte, Hotel Restaurante Leyton, Mesón O Tangarte, Náutico Centro Social, O Tangarte Mariñeiro, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante As Brasas, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy e Restaurante O Lar.
O prezo da tapa de porco celta será de 1 euro.
Ademais o vindeiro sábado, 7 de decembro, Acia Foz levará a cabo a terceira e última das visitas guiadas programadas polo de agora á basílica de San Martiño. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados poderán conseguir gratuitamente os tíckets para participar nesa actividade. A saída do autobús está prevista para as 11:30 da mañá dende as proximidades da praia da Rapadoira e ás 11:40 pasará polas inmediacións da Casa do Concello. A volta será ás 13 horas.





















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



