Aínda quedan 3 días para disfrutar do Mercado de Nadal en Ribadeo. O venres 6 de decembro Josefa Lombao (Pepa de Bonxe) ofrecerá unha demostración en vivo da olería de Bonxe diante do Cine Teatro entre as 11.00 e as 14.00 horas. A partir das 12.00 horas haberá animación de rúa da man de Amigos da Gaita. Pola tarde, na Casa das Letras, a blogueira de moda Silvia Navarro ofrecerá unha charla coloquio sobre “Como facer e posicionar un Blog” organizada por CCA/ACISA Ribadeo a partir das 16.30 horas. E dende as 16.00 ás 19.30 horas MAUMarela ofrecerá na rúa Reinante unha actuación sobre o mobiliario no obradoiro denominado “Ribadeo á Miña Medida”. O sábado 7 de decembro celebrarase a terceira Festa do Comercio no Cine Teatro organizada polo CCA/ACISA de Ribadeo. E, finalmente, o domingo Noela Feal ofrecerá unha demostración do tear na rúa Ramón González dende as 11.00 ata ás 14.00 horas. Ás 12.00 horas, haberá animación musical de rúa. Pola tarde, Magüeta Animación ofrecerá un obradoiro de Origami na Oficina de Turismo entre as 16.00 e as 17.00 horas. Ademais, a sala de exposicións do parque de San Francisco acollerá unha exposición-demostración de torneado e talla artística de madeira ata o 8 de decembro.























Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



