Este sábado 7 de decembro, ás 20:30 horas, o grupo “Ollomao” representa a obra da autoría de Castelao, “Os vellos non deben de namorarse”, no Teatro Pastor Diaz de Viveiro. A obra está dirixida por Comba Campoy e Ramón Casas e conta coa música en directo do grupo “Tumba e Dalle”. Con esta representación o colectivo organizador PENSAMENTO E SEMENTEIRA pecha as actividades da súa programación de outono que ofreceu cinco proxeccións de cine euroárabe, catro sesións no Conservatorio de Música, os “Xoves Musicais”, un acto informativo sobre a importancia da pesca na economía galega, a cargo da investigadora Mª do Carme García Negro e unha exposición de pintura, “Represaliados” de Celso Dourado que estará aberta até o día 15 de decembro.
Pensamento e Sementeira organiza a representación de ‘Os vellos non deben de namorarse’
Pensamento e Sementeira organiza a representación de ‘Os vellos non deben de namorarse’
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162