Lourenzá, 10 de decembro de 2013. O CEIP Juan Rey, de Lourenzá, acolleu onte unha xornada solidaria organizada polo Concello para recoller xoguetes que a Cruz Vermella distribuirá entre familias da Mariña con escasos recursos económicos.
A concelleira laurentina de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane, explicou que “un ano máis dende a área de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá, en colaboración coa delegación da Cruz Vermella da Mariña e a comunidade educativa do CEIP Juan Rey de Lourenzá, vén de levarse a cabo una xornada de recollida de xoguetes para distribuír entre os menos favorecidos da nosa comarca nas próximas datas de Nadal. Dende hai unhas semanas e ata o día 20 deste mes nas dependencias do Centro de Servizos Sociais hai un espazo para que todas aquelas familias que desexen doar xoguetes xa en desuso, pero en bo estado, o poidan facer. Este luns os máis pequenos do concello amosaron o seu lado máis solidario ao desprenderse dalgún dos seus xoguetes para agasallar con eles a aqueles nenos que non teñen a sorte de contar con regalos no Nadal”.
Lupe Flórez, que participou nas actividades celebradas onte, engadiu que “a xornada solidaria deu comezo cuns xogos cooperativos dirixidos polo animador sociocultural e pola educadora familiar do Concello; a continuación, e xa coa presenza dun grupo de voluntarios da Cruz Vermella, levouse a cabo a doazón dos xoguetes, que rematou cunha chocolatada conxunta, que serviu de peche a unha xornada tan especial”.
Ademais a edil agradeceu “a colaboración da comunidade educativa do colexio local, que se amosou moi receptiva dende a primeira vez que se comezara a levar a cabo esta campaña, así como a implicación do departamento municipal de Servizos Sociais con estas iniciativas (tanto a da recollida de xoguetes como as de alimentos e roupa). Pero o agradecemento máis especial é para os nenos do colexio, que co seu xesto solidario non dubidan á hora de desprenderse de xoguetes aos que lles teñen gran aprecio para facer máis feliz a vida doutros nenos que non teñen a mesma sorte cá eles e con estas campañas poderán tamén abrir os seus agasallos no Nadal.”























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



