Ribadeo, 12 de decembro de 2013. A xunta directiva da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo felicita aos 26 establecementos hostaleoros do municipio que aparecen como recomendados pola prestixiosa guía Michelín na súa edición para o ano 2014, que foi presentada recentemente. A maioría son asociados de ACISA.
Acisa destaca que Ribadeo é a segunda localidade da provincia neste apartado xa que tan só a supera Lugo, con 31 locais distinguidos, e sitúase no décimo lugar en Galicia, a moi pouca distancia de Ourense, Ferrol e Pontevedra.
A maioría dos establecementos ribadenses que figuran na guía Michelín 2014 forman parte de Acisa. Son os restaurantes de La Balastrera, San Miguel, O Cabazo, Parador de Turismo e La Villa. E no apartado de aloxamentos aparecen Hotel Bouza, Casona de Lazurtegui, Rolle, A.G. Porcillán, Parador de Ribadeo, O Cabazo, Hostal Linares, Hotel Gastronómico La Balastrera, Hotel Mediante, Apartamentos Turísticos Escuder, Fogar do Mariñeiro, Hotel Voar e La Villa.
A directiva de ACISA anima aos seus socios “a seguir trabajando para mejorar día a día, algo que será bueno para los locales, para sus propietarios, pero también para Ribadeo. Nuestra localidad es un referente en el comercio tradicional y lo está siendo en la amplia y variada oferta hotelera de la que disponen los miles de turistas que nos visitan año tras año. La rica gastronomía también es una de nuestras señas de identidad, es uno de nuestros platos fuertes. Establecimientos y ACISA seguiremos aunando esfuerzos para continuar escalando puestos y para ofrecer lo mejor de nosotros a quienes nos eligen para pasar sus vacaciones, para hacer sus compras o para disfrutar de los productos de nuestro mar y nuestra tierra”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



