P-Arte luz é unha instalación artística que reflexiona sobre “un amplo concepto que adoitamos chamar electricidade, enerxía, sol… ao cabo, a luz” a cargo de Ana Kala, Carlos Cornide “Belga” e Lionel Rexes. A súa inauguración terá lugar o sábado 14 de decembro ás 19.30 horas na Casa da Cultura ‘Manuel Lourenzo’ de Ferreira do Valadouro baixo a organización do departamento de Cultura do Concello do Valadouro. A mostra poderá visitarse do 16 de decembro ao 4 de xaneiro.




















Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



