CADERNOS DA VAIXE. Cumprido xa o prazo para a presentación das ofertas vinculantes no proceso de concorrencia competitiva de NCG Banco, semella non se terá en conta como parte do prezo a diferenza a prol da Banca estatal no cómputo dos créditos fiscais diferidos que o potencial adquirente poida compensar entre 2014 e 2017.
Compre explicarmos o devandito. Os Fondos internacionais e o banco venezolano BANESCO poden compensar dos gaños futuros un máximo de 2340 M€ de perdas fiscais de NCG, fronte aos 4600 M€ que poderían compensar BBVA, Caixabank ou Santander. Até aquí todo OK, sempre que eses 2160 M€ fosen considerados parte (aprazada) do prezo que ofrece o Fondo ou banco extranxeiro, xa que van ser impostos que non se van pagar, nos outros casos. Mais Guindos dí que non. Que esa diferenza non computará como mellora ou decremento do prezo contractual.
Esta xogada non se entende nunha concorrencia transparentem mais si dende a perspectiva dun pagamento de favores ou dun amaño. E mesmo neste proceso escuro e argallante as regras foron mudando a metade de partida, como adoita facer España con Galicia cando se trata de cousas de cartos. Porque compre lembrar que hai só unhas semanas que os Fondos foron obrigados a depositar 800 M€ para participar na poxa, unha obriga que non se lle aplicou aos bancos estatais.
O vicepresidente Rueda dí que a marxe de actuación do Goberno galego é moi cativa. Non é certo. A Xunta pode mobilizar ás forzas sociais para evitar un expolio histórico que agravará de vez as graves dificultades crediticias dos galegos. A Xunta coñece os efectos adversos que produce e producirá a concentración bancaria. E, en último de contas, Feijóo e Rueda saben que se este expolio se fai efectivo moi poucos van acreditar na súa falla de responsabilidade, quer por acción, quer por omisión.
O conto pódeselle moi ben aplicar ao Alcalde coruñés Negreira. Dos 2600 postos de traballo que se han perder no caso de venda de NCG a un Banco estatal, a metade perderanse na Coruña, case todos eles persoal de alta cualficación e remuneracións bastante boas .Malia esta realidade, o alcalde mantivo un silenzo absoluto, como se a cousa non fose con él. Coma se fose un problema alleo á Coruña.
Hai alguén aí?
Xoán Antón Pérez-Lema.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



