Vellos papeis falan dun Foz, primeiro porto pesqueiro e de cabotaxe da Mariña- No ano 42 do século pasado nutrían a flota 37 unidades (19 a gas-oil e 18 a gasolina), con uns 360 tripulantes e as capturas aquel ano, superaran o millón de pesetas. Tamén era líder en cabotaxe e a sua alfándega a de máis recadación. Aquel ano, con apeas para minas, tabla e tablilla para envases, saíron 124 barcos con 18000 Tm. Existían tres asteleiros para barcos de baixura. No periodo 1915/19 construíron veleiros de 300 Tm; existían seis fábricas de salazón, escabeche e conservas, das que foi a mais carismática a de Damián López, empresario modélico que contaba con médico de empresa, vivendas para empleados, equipo de fútbol da empresa, etc.Un boletín da època, do Sindicato Nacional da Pesca, conta que na costeira do chicharro 1949/50 acadara a nosa provincia unha grande cifra de capturas. A “Dominga”, con base neste porto, é a que no norte bate o record. Dos 40 días que durou a costeira só pescou 19. O resto, por causa da depreciación da pesca e os temporais, non saíu ó mar. Capturou 1.038.080 kg.e para o transporte foi auxiliada por 50 mais (lanchas “do carrexo”) que levaron o peixe a portos de Asturias e A Coruña.Tan productiva campaña, foi celebrada por pescadores e conserveiros con senllos bailes que quedaron, por moitos anos, na memoria popular: o dos primeiros, “do oio”, no salón de Ramón María de Cao, amenizado pola Orquestra Sycora Boys, de Grado, e os segundos, “da escama”, en La Sociedad, de Xesús Cageao (“Papaíto”) cos músicos mindonienses da orquestra Ritmo.
A lancha “Dominga” era propiedade da familia Quintanero, paatroneada por Eliseo, o mitico ”Nembrudo”, home de extraordinaria popularidade e prestixio en todo o litoral cántabro. A embarcación levaba o nome da matrona da numerosa estirpe mariñeira, de tanta sona no mundo do mar… Os episodios que anteceden quedan para o esquecemento: endexamais en Foz se vivirá algo semellante.
Suso Fernández


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



