Foz, 16 de decembro de 2013. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz repartirá 4.000 euros durante o vindeiro mes de xaneiro de 2014. Será entre o Sorteo Especial de Nadal e o Campañazo.
O 3 de xaneiro terá lugar un sorteo de 1.000 euros en vales de compra entre todas as persoas que están a realizar as súas compras de Nadal nos locais asociados que participan nesta campaña e que estes días están a repartir as papeletas que lles darán a opción de poder levar o premio. O sorteo realizarase en Radio Foz a partires das 23 horas. Son: Casa Moreda Muebles, Cenor Belianorte, Centro Dietético Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Darlintonia, Electricidad Núñez, Infotec, Estación de Servicio de Foz, Farmacia Fátima Saa Quintás, Ferretería Fuente, Galerías Ginzo, Ginzo Hombre-Mujer, Kaos, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, María Docampo, Ofifoz, Parafarmacia, PI-R Hombre, Saint-Tropez, Suministros Veipa e Viajes Rodríguez.
Desde a directiva de ACIA Foz sinalan que “o queremos é que os clientes do noso comercio e da nosa hostalería poidan levar o mellor posible a costa de xaneiro”. Dado o éxito que está a obter en xaneiro volve o Campañazo que repartirá 3.000 euros en vales de compra nos sorteos que se celebrarán os venres 3, 10, 17, 24 e 31.
Por outra banda, o comercio focense abrirá as súas portas para facilitarlles as compras aos seus clientes os domingos 22 e 29 de decembro e tamén o 5 de xaneiro.





















"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



