Ademais das actividades organizadas por outros colectivos como ACIA O Vicedo ou as diferentes parroquias, a Casa da Cultura do Vicedo organiza tamén diferentes actividades socioculturais para este Nadal 2013-2014.
-23 decembro: 11h. Papá Noel visita o Punto de Atención á Infancia do Vicedo situado no multiusos da Casa da Cultura.
-26-27 decembro. 21h30. Torneo de Póker para maiores de idade. Inscrición 12 €
-26 decembro: Inicianse os ensaios para o Festival de nadal que será o sábado 4 de xaneiro, así, desde ese día 26, todos os días laborables haberá ensaios cos nenos pola mañá e pola tarde en quendas para as diferentes idades. Desta maneira, os ensaios convírtense nunha estupenda actividade para este nadal. Participan habitualmente case todos os escolares do Vicedo máis algún da ESO. Colabora a APA do Vicedo.
-28 decembro: 15h. Viaxe a Xuvenlugo. Un ano máis, o Concello de O Vicedo fleta 2 autobuses e paga as entradas de nenos e nenas de 3 a 18 anos acompañados por adultos que queiran para desprazarse a Xuvenlugo. Os autobuses saen ás 3 da tarde do Vicedo e regresan ás 20h de Lugo.
-2 e 3 xaneiro: 18h. Ciclo de cine infantil. Nesas 2 tardes, despois dos ensaios para o festival, proxectaranse 2 películas infantís por determinar.
-4 xaneiro: 19h. Festival de Nadal. Como indicamos anteriormente, haberá música infantil e xuvenil, monólogos, unha pequena mostra dos grupos de baile tradicional da APA e sorteo de agasallos por cortesía da APA do Vicedo.


















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



