O Burela Pescados Rubén despide o 2013 desde Energy TV nun duelo espectacular co Magna Navarra. O venres día 27, ás 20.30 horas, comezará a rodar o balón en Anaitasuna coas cámaras de Energy TV en directo. A escuadra navarra atravesa un gran momento e está invicto desde a xornada 12; tres vitorias e un empate que o elevaron ata a quinta posición con 25 puntos. Na primeira volta o resultado en Vista Alegre resultou favorable aos navarros (1-2).
Pola súa banda, a escuadra burelesa chega tras dúas vitorias, Copa do Rei e Liga, e con ganas de certificar a súa melloría cunha vitoria no complicado feudo navarro. O Burela Pescados Rubén é oitavo con 19 puntos e un triunfo “daríanos máis seguridade e confianza xa que realizamos bo xogo, sobre todo o último mes e medio, pero non sempre logramos traducilo en vitorias” comentou o técnico burelés, Juanlu.
Respecto ao Magna Navarra nada novo no horizonte, dabondo coñecido o nivel dos navarros que son sempre un rival complicado e que no seu feudo multiplican as súas prestacións cunha afección que fai ruxir Anaitasuna, o templo navarro do Fútbol Sala. A columna vertebral dos navarros está formada polo coñecido trío Eseverri, Jesulito e Rafa Usín e o seu estilo de xogo é “moi práctico e fiable. Apenas conceden erros e saben buscar perfectamente as debilidades de rival. Gústalles o xogo directo e o contragolpe” Os pamplonicas son unha escuadra que interpreta moi ben os tempos dos partidos e ademais “teñen calidade para definir. Nós xogaremos as nosas armas e imos con moitas ganas de despedir o 2013 cun triunfo”.
CONVOCATORIA
BURELA PESCADOS RUBÉN: Edu, Alex, Mimi,Iago Míguez, Isi, Hugo, Christian, Carlitos, Antoñito, Burrito, Juanma e Matamoros.
MAGNA NAVARRA: Asier, Alex, Marc Tolrá, Eseverri, Víctor Arévalo, Íñigo, Jesulito, Carlitos, Roberto Martil, Rafa Usín, Dani Saldise e Joni.
Observacións: Eseverri duda ata última hora. En caso de ser baixa, entra na convocatoria Javi Saldise.























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
