O Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, informou durante a rolda de prensa posterior á xunta de goberno deste venres que “no pleno da Deputación Provincial que se celebrará o vindeiro martes, debaterase unha moción pola que se insta á Xunta de Galiza a iniciar de xeito inmediato a tramitación da declaración da Praia das Catedrais e a Costa de Ribadeo como Parque Natural, co fin de preservar a súa importancia xeomorfolóxica e a súa repercusión turística estatal e internacional”. Antonio Veiga insistiu en que este recoñecemento “é necesario para reforzar a atención á conservación deste enclave natural e do seu entorno sen esquecer o beneficio turístico que supón”.
“Está demostrado –continuou o vicepresidente- que os parques naturais actúan como dinamizador económico e fixador de poboación; son, polo tanto, unha medida de desenvolvemento local, comarcal e incluso provincial que debemos de empregar. Con esta declaración potenciaríase, ademais, a repercusión internacional da Praia das Catedrais, que constitúe xa unha paisaxe gabada por diferentes organismos referentes no ámbito das actividades de viaxe e turismo”.
Desde a institución provincial enténdese que a declaración da Praia das Catedrais como Parque Natural permitiría mellorar a xestión e planificación do entorno, dando unha solución á problemática de conservación e á canalización de visitantes á altura do valor patrimonial deste espazo natural.
Esta non é a primeira vez que a Deputación xunto co concello de Ribadeo demandan solucións para a protección e a promoción da Praia das Catedrais. Ambas institucións levan tempo pedindo a colaboración do resto de administracións públicas para elaborar un plan conxunto no que se establezan as bases de planificación para a conservación, usos e promoción, así como a creación dun órgano específico de xestión deste lugar e que ao mesmo tempo poña en valor todos os recursos patrimoniais de Ribadeo baixo a marca “As Catedrais, Augasantas” e a dotación dunha rede coordinada de centros de referencia nos que se promovan os valores ambientais, culturais e etnográficos deste monumento.
Antonio Veiga explicou que a mellor maneira de conseguir todos estes obxectivos é declarando a Praia das Catedrais Parque Natural. “É unha opción ambiciosa, pero se temos presentes as peculiaridades e especificidades deste enclave e a súa enorme proxección, deberíamos ser capaces de crear unha marca cun poder de atracción potente adecuadamente protexida. Este Parque Natural podería fortalecerse aínda máis se se conforma un tándem co Parque Natural das dunas de Corrubedo”.
O vicepresidente da Deputación aproveitou a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno semanal para, sobre este mesmo asunto, lembrar que “transcorridos oito anos da declaración da Praia das Catedrais como Monumento Natural este espazo continúa sen un plan de protección conforme á principal lei de conservación da natureza coa que conta Galiza, a Lei 9/2001, de 21 de agosto.” Neste senso, pediu ao Goberno galego unha maior implicación con este enclave natural que “parece ter esquecido. Pedimos ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que se comprometan coa conservación e a promoción da Praia das Catedrais e do seu entorno do mesmo xeito que o fan con outros puntos clave para o desenvolvemento turístico do país. A mellor maneira que teñen de comprometerse e de que o seu compromiso sexa críbel é iniciando as actuacións administrativas pertinentes para dotar as partidas económicas necesarias para a consecución deste Parque Natural”.
A DEPUTACIÓN CONTINÚA ADIANTE COA SAÍDA DO ACCIONARIADO DO BREOGÁN A PESAR DO BOICOT DO PP AO PROCESO
Así mesmo, Veiga explicou que “a Xunta de Goberno aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerá a enaxenación das accións da Sociedade Anónima Club Baloncesto Breogán pertencentes á Deputación, e explicou que onte se celebrou unha xunta de accionistas moi positiva, con moito debate e na que se recolleron propostas que se manifestan no prego aprobado hoxe, entre as que destaca que non haberá limitación para a adquisicións de accións para aqueles licitadores que teñan a cualidade de socios fundadores do Club de Baloncesto Breogán e que terán prioridade na adquisición das mesmas sen limitación e ao prezo fixado”.
Dito prego de cláusulas administrativas será publicado mañá sábado, 28 de decembro, no Boletín Oficial da Provincia, e o 30 de decembro abrirase o prazo para a presentación das ofertas, e ese mesmo día publicaranse as bases e os modelos de solicitude na páxina web da Deputación.
Para o vicepresidente e delegado de Deportes “con este proceso que toma forma, esperamos que ao final da tempada a Deputación estea fóra do accionariado do Breogán con todas as garantías para que o equipo saia fortalecido e para preservar ese capital público que estaba investido no Club. Desde a institución provincial tratamos de garantir o futuro do Breogán e que siga sendo un referente lucense, algo que intentan botar por terra algúns membros do Partido Popular, que ten moita responsabilidade na situación que atravesa na actualidade o Club Baloncesto Breogán. Sería máis útil para todos que en lugar de tentar entorpecer o proceso de saída da Deputación do accionariado do Club tratase de colaborar no mesmo, e en lugar de preocuparse só polos seus intereses partidistas se preocupase por garantir o futuro do Breogán e de velar polos intereses da institución provincial que representa os intereses de todos os lucenses. José Manuel Arias, quen foi deputado provincial de Deportes na etapa de Cacharro e polo tanto coñecedor da situación que había, non acude ás xuntanzas do Consello de Administración do equipo pero logo busca outros métodos para dificultar o proceso de saída do accionariado. Agradeceriámoslle ao Partido Popular que abandonasen a súa postura cínica e que adoptaran unha postura máis reponsábel e non continuase co seu boicot como mantivo onte na xunta xeral de accionistas que trata de botar por terra todo o traballo que desde a Deputación se está a facer para garantir que o Breo siga sendo de todas e todos os lucenses”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



