A Banda de Música de Burela dará o seu tradicional concerto de Ano Novo este venres, día 3, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Burela. Nesta ocasión, a Banda de Burela ofrecerá un concerto moi especial, no que interpretará pezas do cuarteto de latin-jazz Marosa Jazz Project.
Ambas as agrupacións interpretarán conxuntamente os temas máis significativos do Marosa Jazz Project, recollidos no disco gravado polo cuarteto en 2011, logo de acadaren o premio do público no “I Concurso Jazz Fussion” convocado pola Fnac e a Fundación Paideia Galiza. Todas as pezas están arranxadas para cuarteto de jazz (saxo alto, vibráfono, baixo e batería) e banda de música, adaptando os ritmos e harmonías do jazz e do latin a este novo formato.
Todos os temas son composicións e arranxos do vibrafonista burelao Israel Arranz, que ven de participar recentemente no concerto que deu o saxofonista sueco Cennet Jönsson xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia Jazz Band no festival Jazzatlántica da Coruña. Arranz é profesor de percusión na Escola de Música de Burela, director de AMAJAZZ Big Band e membro da Banda de Burela, tendo realizado distintos arranxos para estas agrupacións e composicións propias como o pasodobre para banda “Burela”, estreado pola Banda de Burela en 2011.
Este concerto estará dirixido polo director da Banda de Guitiriz, Abel Riveira e contará tamén coa participación de músicos desta banda lucense, coa que xa ten colaborado a Banda de Burela en distintas ocasións. Os músicos da Banda de Burela, Silvia Rozas (frauta) e Bruno Valle (trombón) participarán tamén como solistas nalgúns dos temas deste concerto, ademais dos propios membros que integran Marosa Jazz Project: Roberto Bouça (saxo alto); Israel Arranz (vibráfono); Mario Arranz (baixo) e Eusebio López (batería).
A AABB, Asociación de Amigas e Amigos da Banda de Burela, convida a todos os veciños e veciñas de Burela a este concerto que xa é tradición na nosa vila e co queremos dar a benvida ao ano novo. O sábado, día 4, ás 20:00 horas, Marosa Jazz Project interpretará este repertorio na Casa Habanera de Guitiriz, coa banda desta vila, baixo a dirección de Abel Riveira e coa colaboración neste caso, de músicos da Banda de Burela.




















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



