A noite do vindeiro 5 de xaneiro, xa comezado o 2014, recibimos, como é habitual cada ano, ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, que recorrerán o concello de Alfoz e se achegarán ó final ó Castelo do Castro de Ouro. Como cada ano, a Asociación “O Castelo” é a encargada de levar as rendas da organización deste evento, contando para elo coa colaboración do Concello de Alfoz, o Grupo Teatral Raiolas e a Comisión do Mercado Medieval de Alfoz.
Para os que queiran participar na tradicional Cabalgata, o programa será o seguinte:
– 16,15: Saída da Cabalgata da Casa da Cultura de Alfoz. Haberá unha carroza para que os rapaces que o desexen acompañen ós Reis Magos no seu recorrido polas parroquias do Concello. Os interesados deben apuntarse no mesmo momento da saída da Cabalgata.
– 16,30: Parada na igrexa das Oiras.
– 16,45: Parada na igrexa do Pereiro.
– 17,05: Parada na capela de Santiago.
– 17,15: Parada na Pinguela.
– 17,30: Parada en Reirado.
– 17,50: Parada na igrexa de Bacoi.
– 18,00: Parada na igrexa de Carballido.
– 18,15: Parada na igrexa de Adelán.
– 18,45: Chegada ó Castelo do Castro de Ouro.
No Castro de Ouro as súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos polo Alcalde, que lles fará entrega da Chave do Concello, antes de que marchen a continuar repartindo agasallos para todos os nenos de Alfoz e do mundo. Tamén haberá chocolate quente para todos os asistentes.