Venres 3 de xaneiro. A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña reforza o apoio ao fútbol sala de base en 2014 asumindo a coordinación da actividade das Seleccións da Mariña de Fútbol Sala Base no presente ano. O combinado comarcal estará representado no Campionato de Seleccións Locais por catro categorías, benxamín, alevín, infantil e cadete, que se deberán medir a tres rivais na primeira fase.
Benxamíns, alevíns e infantís estrearanse o vindeiro martes, 7 de xaneiro, fronte ao combinado de Lambre (pavillón municipal de Miño). Vista Alegre acollerá o seguinte obstáculo, ante A Terra Chá, coa incorporación da categoría cadete; será o domingo 12. Como peche da primeira eliminatoria, os catro cadros da Mariña desprazaranse á capital provincial para enfrontarse a Lugo o domingo 19.
Os combinados mariñáns están dirixidos por técnicos de varias escolas deportivas da bisbarra: Francisco Vázquez e Emilio Rosanes, na categoría benxamín; Carlos Gonsalves e Michael Sante, en alevíns; Brenan Rivas e Mario Pillado, en infantís; e Cristian Gómez, Jacobo Díaz e Javier Rodríguez en cadetes. Despois da preparación do Nadal, os cadro benxamín realizará mañá pola tarde a última sesión (Vista Alegre, Burela); a alevíns, infantís e cadetes tocaralles o domingo pola mañá (Monte Castelo e Vista Alegre).
Martes 7 de xaneiro (Lambre–A Mariña, Pavillón Municipal de Miño)
17.00 horas: Categoría Infantil
18.00 horas: Categoría Alevín
19 horas: Categoría Benxamín
Domingo 12 de xaneiro (A Mariña–Terra Chá, Pavillón Vista Alegre-Burela)
16.00 horas: Categoría Benxamín
17.00 horas: Categoría Alevín
18.00 horas: Categoría Infantil
19.30 horas: Categoría Cadete
Domingo 19 de xaneiro (Lugo–A Mariña, Pavillón Municipal Lugo)
16.00 horas: Categoría Benxamín
17.00 horas: Categoría Alevín
18.00 horas: Categoría Infantil
19.30 horas: Categoría Cadete




















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
