A Deputación de Lugo recibiu 11 ofertas para a compra de accións do CB Breogán, a tres días de que remate o prazo de presentación de solicitudes. Así o deu a coñecer a institución provincial na reunión do Consello de Administración do club que tivo lugar este martes no Pazo de San Marcos, durante a que tomaron posesión os catro novo membros do Consello. Trátase de catro persoas que aúnan na súa traxectoria persoal e profesional unha forte vinculación co mundo do deporte provincial, e co baloncesto en particular, mais unha solvencia técnica e económica contrastada na xestión pública.
Trátase de:
– José Mourelle Cillero: secretario xeral da Deputación de Lugo, é o novo secretario do Consello de Administración do Breogán. Licenciado en Dereito e Ciencias Políticas, así como master en Administración Pública, é tamén profesor de Dereito Administrativo na UNED, e conta cunha dilatada experiencia ó servizo das institucións públicas.
– Rosa Abelleira, interventora do organismo provincial. Ten tamén cunha longa traxectoria na Administración Pública. Licenciada en Económicas e Dereito, e auditora de contas, exerceu a súa labor funcionarial no Concello de Lugo entre 1986 e 2008, ano dende o que é interventora na Deputación de Lugo.
– Alberto Fernández Fraga: ó que se lle delegan as funcións no ámbito deportivo do Breogán. Fernández Fraga foi responsable da área social do Breogán, ademais de xerente e coordinador da parte social do Azkar, unha persoa totalmente integrada no mundo deportivo lucense, e un perfecto coñecedor do mesmo.
– Alfonso Orol: ocuparase da área de Relacións Sociais e Institucionais do club. Persoa vinculada dende fai 44 anos ó baloncesto lucense, ó que comezou a xogar na infancia, formando parte de diversos equipos como os dos Hermanos Maristas, Estudiantes, Liga Universitaria, ATB e Liga Senior. Afeccionado fiel ó Breogán dende neno, contou con adestradores recoñecidos como Tito Díaz, Paco Basanta ou Juan Corral.
Do Consello de Administración seguirán formando parte, en representación dos tres grupos políticos con presenza na corporación provincial: Xosé Manuel Arias, por parte do Partido Popular; Álvaro Santos, polo PSOE; e Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, polo BNG.
Compra de accións pola propia entidade breoganista
Ademais da toma de posesión dos seus novos membros, que deberá ser ratificada pola Xunta Xeral do Breogán, o Consello tamén acordou na reunión deste martes a presentación dunha oferta para a compra de accións ata o límite legal do 20% máximo da xestión de autocarteira, é dicir, a propia entidade deportiva terá a posibilidade de comprar unha parte das accións que posúe a Deputación. Con esta medida, o organismo provincial garante que o Consello de Administración teña o respaldo accionarial que calquera sociedade mercantil precisa.
Encontro coa plantilla
Os novos membros do Consello de Administración teñen previsto manter un encontro coa plantilla este mércores no Pazo dos Deportes para presentarse, trasladarlles, a eles e a afección, unha mensaxe de tranquilidade sobre a viabilidade e futuro do club, ademais de transmitirlles os principais retos que teñen fixados. Neste senso, a dirección do club márcase dúas prioridade fundamentais. Por un lado, que o Breogán manteña os bos resultados deportivos da tempada e siga sendo un club gañador, e, por outro, que sexa unha entidade saneada economicamente. Neste senso, a Deputación lembra o importante traballo realizado polo actual goberno provincial, pois en 2007 a entidade estaba en quebra técnica, e hoxe é un club sen ningunha débeda e totalmente viable.
Coa saída do Breogán, a Deputación está a cumprir un compromiso político, pois considera que unha Administración pública non debe ser propietaria de clubs deportivos profesionais, pero iso non significa que lle retire o apoio e o compromiso que mantén coa entidade. Deste xeito, a institución luguesa seguirá colaborando, tanto con axudas económicas, como facilitando o uso do Pazo dos Deportes.


















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



