A décimo segunda edición de RetoAlcoa, programa educativo de formación empresarial patrocinado pola Fundación Alcoa, púxose en marcha o 13 de xaneiro coa participación de preto de 400 estudantes de centros educativos de Galicia, concretamente da Coruña e Lugo. En total, participan 129 equipos de mozos galegos que competirán con outros de distintas comunidades autónomas poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas asignaturas de matemáticas, administración de empresas e economía.
Os estudantes inscritos na Coruña, en total 54 equipos, cursan estudos nos institutos de ensinanza superior David Buján (7 equipos), F. Wirtz Suárez (6 equipos), Manuel Murguía (2), Pontepedriña (1), Sabón (20) e Sofía Casanova (18).
Da provincia de Lugo inscribíronse 75 equipos, concretamente dos institutos A Pinguela (1 equipo), Da Terra Cha “Jose Trapero Pardo” (3), De Foz (7), Dionisio Gamallo Fierros (18), María Sarmiento (14), Marqués de Sargadelos (12), Río Cabe (7), Río Miño (3), Santiago Basanta Silva (3) e Xoán Montes (7).
Entotal, participan 700 estudantes distribuidos en 241 equipos inscritos de 31 centros educativos das distintas comunidades nas que Alcoa está presente en España: A Mariña de Lugo, A Coruña, Avilés, Amorebieta, Alicante e Madrid.
O programa, que ten unha duración de máis de catro meses, inclúe o seminario “Habilidades para el Éxito” que se desenvolverá na Coruña e na Mariña de Lugo, con participación de profesionais e directivos de diferentes áreas do mundo empresarial que compartirán cos mozos estudantes as súas experiencias profesionais e aspectos prácticos para facilitar a incorporación ao mundo laboral.
Patrocinado pola Fundación Alcoa e organizado por Junior Achievement, RetoAlcoa ten como objetivo estimular o espíritu emprendedor dos máis novos, á vez que mellorar a súa formación en xestión empresarial nun contexto de competencia económica e valores éticos. Ofrece aos mozos a oportunidade de actuar como xestores dunha empresa ficticia sobre a que deben tomar as decisións que marcan o día a día no mundo real dos negocios.
O software deseñado para este programa educativo permite que os estudantes comproben como afectan á súa compañía ficticia as decisións que toman en canto ao prezo do producto, a inversión en investigación ou o gasto en publicidade, entre outros aspectos.
RetoAlcoa está concibido coma unha ferramenta útil para que os mozos de bacharelato e formación profesional poñan en práctica os coñecementos adquiridos nas asignaturas de matemáticas, administración de empresas e economía. Ademais, o programa está deseñado para que o seu desenvolvemento resulte unha competición emocionante e atractiva.
Tutelados e guiados polos seus profesores, cuxa involucración é imprescindible para que o programa cumpra os seus obxectivos educativos de maneira óptima, os estudantes terán que superar diversas rondas eliminatorias durante os catro vindeiros meses.
Junior Achievement desenvolve programas educativos que proporcionan aos mozos coñecementos básicos sobre os sistemas socioeconómicos que rixen a actividade empresarial, co fin de impulsar neles o espírito emprendedor.
Fundación Alcoa, que se sustenta dos seus propios activos financeiros e non dos da compañía, contribúe a mellorar a calidade de vida dos habitantes que forman parte das comunidades nas que Alcoa está presente, financiando proxectos de organizacións que melloran as oportunidades en educación e formación, saúde e seguridad e de respeto ao medio ambiente.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



