A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, quixo responder ás críticas do Partido Popular ó proxecto, pioneiro en España, que emprenderá a Universidade de Santiago de Compostela co respaldo económico da Deputación de Lugo, e que permitirá obter novos derivados do bonito e da merluza, ofrecendo alternativas laborais e incrementando o volume de negocio destes produtos. Este proxecto, dotado con 30.000 euros da Deputación, inclúe ademais obradoiros gratuítos para desempregados que se impartirán en Burela e Viveiro.
Méndez lamentou que “unha vez máis o Partido Popular quera botar terra por riba de calquera iniciativa que se leve a cabo nesta provincia, veña de onde veña: están tan cegados que non se conforman coa Deputación, tamén cargan contra a propia Universidade”. A Vicepresidenta Segunda destacou que “á discriminación á que está sometida a provincia por parte do Goberno de Feijóo”, hai que sumar “a carraxe coa que cargan contra as iniciativas doutros, enfocadas á creación de emprego en Lugo: adicamos 13 millóns de euros para políticas activas de emprego en todos os Concellos e protestan. Queren deixar morrer á provincia”
Novo ataque contra a Universidade
Méndez insistitiu en que “todo lles molesta, ata que a Deputación colabore cunha iniciativa pioneira en España como esta, pola que aposta a Universidade e que ademais conta co respaldo do sector”, malia que destacou que “tampouco é de extrañar, logo de que o Goberno de Núñez Feijóo leve recortando os fondos destinados á Universidade e a I+D+i dende o 2009, malia que o 80% do I+D+i é froito do traballo das Universidades públicas”.
Como exemplo, Méndez subliñou que a partida para investigación e desenvolvemento nos Orzamentos autonómicos reduciuse máis que a media do resto do país, destinando “só un 0,87%, e provocando a perda de peso da investigación galega no conxunto do Estado”, que pasou do 5,7% do total do Estado a só o 5,2%, e “destruíndo máis de 200 postos de traballo no camiño”, destacou a Vicepresidenta Segunda. “Á vista desta realidade non é de extrañar que o PP ataque á Universidade”.
Nesta liña, Méndez destacou que “probablemente o Partido Popular non comprenda que é fundamental que as administracións cooperen na creación de novas industrias, que aposten por investir en proxectos innovadores”. “Non nos podemos permitir que continúen dándose casos como o do Campus de Lugo, no que da trintena de patentes que se teñen rexistrado nos últimos vinte anos, só dous deles se teñen desenvolvido como proxectos empresariais”.
Aposta polo sector
As lonxas de Burela e Celeiro venderon no 2013 máis de 10 millóns de quilos de merluza, acadando beneficios superiores ós 40 millóns de euros, e en Burela facturáronse ademais outros 7 millóns de euros coa comercialización do bonito. “Este é un proxecto que dun xeito sinxelo é capaz de xerar valor engadido para estes produtos, multiplicando o seu prezo, ademais de crear postos de traballo no sector”, tal e como lembrou Méndez. Esta iniciativa é acadar produtos do músculo deste pescado, que na actualidade non existen, como por exemplo xamón cocido de bonito do norte e da merluza. Este proxecto, dotado de 30.000 euros da Deputación, inclúe talleres gratuíto para desempregados, que se impartirán en Burela e Viveiro, ós que se lles dará conta dos resultados desta iniciativa, transmitíndolles os coñecementos prácticos necesarios para a súa inserción laboral nesta nova actividade.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



