Lugo, 21 de xaneiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular, Vidal Martínez-Sierra, valorou como moi positivo que ata sete centros de ensino público da Mariña lucense poidan impulsar, coa axuda da Xunta, distintas actuacións de mellora da calidade educativa, a través dos denominados contratos- programas, unha iniciativa de apoio que o Goberno galego puxo en marcha xa no curso académico 2011/2012 e que este ano terá continuidade grazas ao respaldo da administración autonómica.
Martínez-Sierra explicou que na nosa comarca os centros educativos beneficiarios son o CEIP Virxe do Carme (Burela), o CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo), o CEP Lois Tobío (Viveiro), o IES Montes Castelo (Burela), o IES Perdouro (Burela), o IES de Foz, e o IES Plurilingüe San Rosenso (Mondoñedo), isto é, todos os que solicitaron participar neste programa.
ACTUACIÓNS DE MELLORA ESCOLAR
Martínez-Sierra puxo como exemplo práctico que a axuda da Xunta permitirá executar programas de reforzo, orientación e apoio, de mellora da lectura, escritura e cálculo, de mellora da convivencia e de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, que son as actuacións proxectada por cada centro segundo o seguinte cadro:
|
Centro |
Actuación a desenvolver |
| CEIP Virxe do Carme (Burela) | Reforzo, orientación e apoio (modalidade de acompañamento escolar fóra do horario lectivo) |
| CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo) | Reforzo, orientación e apoio (modalidade de acompañamento escolar fóra do horario lectivo) |
| CEP Lois Tobío (Viveiro) | Mellora da lectura, escritura e cálculo |
| IES Monte Castelo (Burela) | Reforzo, orientación e apoio (modalidade de reforzo (en horario lectivo) e Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia |
| IES Perdouro | Reforzo, orientación e apoio (modalidade de reforzo e acompañamento escolar), Mellora da convivencia |
| IES de Foz | Reforzo, orientación e apoio (modalidade de acompañamento escolar fóra do horario lectivo) |
| IES Plurilingüe San Rosendo | Mellora da lectura, escritura e cálculo e Reforzo, orientación e apoio (modalidade de reforzo en horario lectivo) |
DESEÑADO DESDE OS CENTROS
O deputado popular quixo destacar tamén que, no deseño das actuacións a desenvolver a Consellería de Cultura e Educación quixo facer partícipe ao profesorado, xa que son os docentes, xunto ao equipo directivo os que, unha vez analizadas as súas fortalezas e debilidades, e segundo o seu contexto, deseñan e propoñen un proxecto propio enfocado ás principais necesidades detectadas. Esta característica ofrece aos centros educativos un marco de maior autonomía pedagóxica, de organización e xestión dos seus programas e recursos.
UN 28% MÁIS DE RECURSOS DISPOÑIBLES
Martínez-Sierra lembrou, finalmente que esta é a terceira convocatoria na que se confirma o éxito do programa desenvolvido pola Xunta e na que participaron este curso un total de 334 centros educativos de toda Galicia, o que supón do 15,6% con respecto ao curso pasado. No conxunto da comunidade autónoma beneficiaranse da iniciativa preto de 44.000 alumnas e alumnos, implicando a 4.200 docentes. Ademais, a Consellería incrementa este ano o orzamento destinado ao programa, que acada arredor de 4,1 millóns de euros, un 28% máis que no curso pasado.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



