Vilalba (Lugo), 21 de xaneiro de 2014.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou este martes durante a súa visita ás instalacións de Norvento o papel que está a desempeñar a empresa lucense no desenvolvemento da industria eólica galega. Un traballo que, segundo sinalou, se reflicte en distintos proxectos como o arexerador NED 100. “Norvento está a exportar tecnoloxía innovadora 100% galega converténdose nun referente no sector das enerxías renovables, innovando tanto na produción de tecnoloxía como na produción de enerxía a través de diversas fontes como a biomasa, a eólica, a solar ou a xeotérmica”, explicou Conde, quen apuntou que nos vindeiros días instalarase o primeiro NED 100 nunha granxa do Reino Unido.
O titular de Economía e Industria, que foi recibido polo presidente de Norvento, Pablo Castro, visitou primeiro a planta na que a empresa está a desenvolver estes aeroxeradores, ubicada en Vilalba, e despois coñeceu de preto os dous aeroxeradores situados en Cervo. A planta de Vilalba é un dos plans industrias do concurso eólico nos que Norvento leva investidos, en total, preto de 20 millóns de euros creando 150 postos de traballo.
Durante a visita, na que estivo acompañado pola delegada territorial de Lugo, Raquel Arias, e polos alcaldes de Vilalba e Cervo, o conselleiro resaltou que grazas a súa aposta pola innovación Norvento tense convertido nun referente do sector eólico. Unha aposta que se pon tamén de manifesto noutro tipo de actuacións como o proxecto Lignum, que conta co apoio da Xunta a través do programa Innterconecta e que permite afondar na creación dun aeroxenerador cun mellor comportamento e maior respecto ambiental.
“Norvento é un claro exemplo da aposta polo sector eólico galego, tanto en produción de tecnoloxía como de enerxía”, incidiu Conde, quen destacou que se trata dun esforzo compartido co Goberno galego que está articulando as medidas necesarias para recuperar o liderado do sector.
Neste sentido, o conselleiro avanzou que “nos próximos días outorgaranse as primeiras autorizacións de parques do concurso eólico galego”. Ditas autorizacións, explicou Conde, supoñen un novo paso no conxunto de actuacións que a Xunta está a promover en colaboración co sector e que se centran en vantaxe fiscais, financeiras, técnicas e administrativas.
Así, no caso de parques xa en funcionamento, estase a impulsar a repotenciación dos aeroxeradores máis antigos ao tempo que se axilizan os trámites administrativos para levar a cabo ditas modificacións. Ademais, flexibilízanse as exixencias dos avais para a execución dos novos proxectos, facilítase o desestimento total ou parcial de megavatios sempre que non se alteren os resultados do concurso, e, no eido fiscal, rebáixase o ITP (Imposto de Transmisións Patrimoniais), con carácter xeral, para todas as enerxías renovables.
Deste xeito, apuntou o titular de Economía e Industria, a Xunta está a traballar co conxunto do sector no desenvolvemento dunha política enerxética competitiva, sostible e de maior independencia.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



