Cervo, 21 de xaneiro de 2014- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou este mediodía os dous aeroxeradores instalados por Norvento no polígono de Cuíña e que levan preto dun ano funcionando. Trátase de dous prototipos experimentais instalados pola empresa enerxética a través dun proxecto pioneiro de I+D+i.
Conde desprazouse ata Cervo para comprobar o rendemento e os resultados desta experiencia piloto, que serviu para ensaiar e validar antes do seu lanzamento comercial os aeroxeradores nED 100, de 100 kw cada un, dirixidos a abastecer de enerxía eólica a pequenas e medianas empresas. Na visita participaron tamén o alcalde, Alfonso Villares, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias e responsables da empresa.
O rexedor destacou a importancia da investigación “para conseguir avances tecnolóxicos, e máis cando se trata de experimentar sobre cuestións relacionadas coas enerxías renovables e o medio ambiente”. Por iso, lembra Villares, “dende o principio no Concello de Cervo decidimos apoiar a iniciativa e colaborar de diferentes maneiras para facer posible este proxecto”.
O mandatario cervense explica que “en todo momento estivemos facilitando a instalación destes dous aeroxeradores e fixemos todo o posible para que o proxecto experimental se executase aquí”. O rexedor defende que “o polígono de Cuíña era o lugar axeitado ao tratarse de solo industrial, o que facilitou toda a tramitación para a instalación das máquinas”. Ao mesmo tempo, o carácter escarpado da parcela, de titularidade municipal, tamén facía pensar na idoneidade desta zona para poñer en marcha o proxecto, xa que dificilmente se podía aproveitar para outros fins.
Villares rematou expresando “o compromiso do Concello con esta empresa lucense e con este proxecto, así como o respaldo a calquera outra iniciativa que permita traballar no desenvolvemento de sociedades máis sostibles e respectuosas co medio ambiente”.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



