Dos tempos do lonxano bacherelato coruñés, (hai uns 60 anos) lembramos con agarimo, e gratitude, as tardes dos xoves que, na compaña do profesor de literatura, , mestre inesquecible, saíamos polas entón aforas da cidade herculina, inmersas dende hai moito xa, na xeografía urbana, recibindo as explicacións de canto de interese se atopaba no percorrido: accidentes topográficos, lugares de resoancia na historia local, árbores, plantas, anécdotas e sempre a descripción brillante de quen era un lúcido literato e elocuente narrador.
Para os discípulos. aquela sería a tarefa para a vindeira crase na que cada alumno presentaría: un relato que describise canto aquela tarde se tratara; un traballo do que non só puntuaban os coñecementos adquiridos sobre o terreo, senon na mesma medida, a redacción en sí: o estilo, a beleza da linguaxe, o uso das imaxes e figuras literarias… e por suposto a ausencia obrigada de toda falta de ortografía. Él definía tal modalidade como “leccións ó aire libre”.
A lembranza das vellas vivencias acudían ´noso maxín cando, na camiñada solitaria pola beiramar, ollábamos e liamos as inscripcións que sobre monolitos a xeito de atriles se espallan ó longo do litoral, dende a Rapadoira ata Llás, e que constituen tamén auténticas leccións ó aire libre, porque en todo caso, se á simple observancia da natureza, de tanto atractivo e interese, se engade a información é evidente a función didáctica que enriquece os coñecementos, resultas do labor realizado…. ”Ser capaz de apreciar a profunda beleza da natureza é unha das grandes ditas da vida” (Yogani).
Naturalmente o achego de información tan variada como se ofrece nos paneis da beiranar (flora e fauna – cos seus nomes científicos e populares-, a denominación de cada un dos accidentes naturais, as rochas e cantís, historias e lendas, naufraxios… ) esixe un entusiasta traballo de campo e de investigación que neste caso,, no seu día, levou a cabo Xesús do Breogán.O aire libre é tamén un bó marco para a aprendizaxe..
Publicado en El Progreso, 27-11-07.
Suso Fernández

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



