O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA inicia este mércores 29 de xaneiro a súa Programación de Inverno coa proxección dun documental que explica a biografía de Alexandre Bóveda. Trátase de A FAZAÑA DA LIBERDADE que se proxectará contando coa colaboración de Seném Outeiro, o seu director, quen previamente intervirá no salón de actos do IES María Sarmiento Esta actividade dará comezo ás oito da tarde, media hora antes da habitual, para facilitar a participación do cineasta. Despois desta primeira actividade do colectivo viveirés, que segue coas xestións para a constitución dun cineclube en Viveiro, PENSAMENTO E SEMENTEIRA organizará un debate arredor do deporte.
Proxección de ‘A fazaña da liberdade’ en Viveiro
Proxección de ‘A fazaña da liberdade’ en Viveiro
Relacionado
-
A campaña “Separa. Depende de ti” de Sogama fixo este xoves parada en Cervo
-
O vindeiro luns, 30 de xuño, dará comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
-
Visita do alumnado do obradoiro “Terra do Ortegal II” a ASPROMOR