Fanny e Danny, da orquestra Chévere, visitaron Alfoz para ofrecernos o seu espectáculo “I’ll be watching you”, actividade educativa contra a violencia de xénero a base de música e de palabras. Foi o pasado venres, día 24 de xaneiro, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz e con organización da Delegación de Asuntos Sociais do concello. Asistiron ó acto os alumnos da ESO do Instituto Alfoz-Valadouro, acompañados dos seus profesores. Falando e cantando, Fanny fixo pensar ós asistentes sobre eses comportamentos inxustos e machistas que aínda perduran na nosa sociedade, e fíxoo a base de analizar as letras de diversas cancións, algunhas das cales demostraron ser tremendamente retrógradas no que ás relacións amorosas se refire. O espectáculo resultou emocionante e entretido. Demostrounos que aínda queda moito que cambiar na nosa sociedade.






















Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



