O pasado sábado 25 de xaneiro, a maioría do equipo de atletismo das ED Lourenzá Mondoñedo desprazouse á localidade de Rábade para participar na XI popular Memorial Eduardo Fernández Villamarín. E o domingo algún atleta repetiu en Trevías (Asturias).
No primeiro dos casos, Diana Lastra e Ainara Rodríguez fixéronse coa vitoria nas súas respectivas categorías, benxamín e alevín-infantil feminino, respectivamente. En benxamín Carmen García tamén subiu ó podio logrando a terceira praza. Ademais, participaron Aldara Fernández, Iria Rodríguez e Henar Méndez. E, na categoría masculina, Brais Díaz e Ian Méndez fixéronse coa segunda e terceira posición, respectivamente, nunha proba na que tamén correu David Martínez.
Mentres, o podio alevín-infantil da proba estivo totalmente protagonizado polas atletas de Lourenzá-Mondoñedo. Ana Vallines e Claudia Graña completaron o caixón da categoría na que tamén participaron Hiba Bouyzar e María Vallines.
En alevín-infantil masculino Alexandre Santiago e Nicolás Álvarez lograron a segunda e terceira posición; mentres que en cadete tamén houbo representación laurentina-mindoniense no podio coas segundas prazas de Carmen López, en feminino, e Aarón Rivas, en masculino.
Entre os adultos, dun total de 460 participantes, José Carlos Díaz Blanco e Marisa Ares foron os mellores clasificados logrando o 42º e 15º posto nas respectivas categorías.
| P.GEN | DORSAL | NOM. | APELL. | T.OFICIAL | CLASIFCATEG. |
| 114 | 200 | JOSE CARLOS | DIAZ BLANCO | 00:27:40 | 42 |
| 128 | 201 | RUBÉN | GARCÍA PIÑEIROA | 00:28:15 | 50 |
| 153 | 338 | LUIS MANUEL | GRAÑA GONZALEZ | 00:28:39 | 61 CATEGORÍA |
| 161 | 208 | JOSE MANUEL | ALVAREZ CARBAJALES | 00:28:53 | 66 |
| 248 | 812 | JUAN LUÍS | MENDEZ PAZ | 00:30:53 | 77 |
| 293 | 813 | MOHAMED | BOUYZAR | 00:31:58 | 113 |
| 363 | 204 | MARISA | ARES REIGOSA | 00:34:09 | 15 |
| 406 | 180 | JOSE | LOPEZ GAVIN | 00:35:48 | 151 |
| 441 | 209 | BEGOÑA | GONZÁLEZ DORREGO | 00:39:02 | 22 |
Ana Vallines e Claudia Graña suben ó podium na prestixiosa Trevías 2014
Ana Vallines logrou a segunda posición en alevín feminino, mentres que Claudia Graña foi terceira en infantil.
Ademais participaron Fernando Vallines en benxamín masculino (5) e María Vallines en alevín feminino (10).
Na proba da categoría absoluta, de 10 quilómetros de distancia, foron 400 os atletas participantes entre os que José López Gavín marcou un tempo de 56 minutos e 30 segundos acadando a 72ª praza.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
