O Bloque Nacionalista Galego de A Mariña renovará a súa executiva comarcal nunha asemblea de afiliados que se celebrará sábado ás cinco e media da tarde. O actual responsable comarcal do BNG, Xosé Ramón Ermida, non se presenta á reelección. Segundo informou a emisora de radio Onda Cero A Mariña, está previsto que haxa tres candidaturas, que encabezarán o barreirense Antonio Veiga, o ribadense Farruco Graña e o mindoniense Xusto Fernández Haro. Un deles será o novo responsable comarcal do Bloque a partir do sábado.
Asemblea do BNG de A Mariña para substituír ó responsable comarcal, Xosé Ramón Ermida
Asemblea do BNG de A Mariña para substituír ó responsable comarcal, Xosé Ramón Ermida
Relacionado
-
O PP lucense considera “impensable” que “Tomé celebre que a provincia de Lugo quede sen alta velocidade”
-
O modelo de atención aos maiores da Deputación de Lugo, estratexia eficaz para fixar poboación
-
O BNG reclama ao goberno do PP que cumpra o pacto alcanzado no Parlamento con axudas ao sector e un plan para rexenerar as rías