Dende o Grupo Municipal Socialista de Foz queremos facer balance do primeiro Pleno ordinario do ano no noso concello, comezando pola proposta de aprobación de recoñecemento extraxudicial de créditos do Goberno popular destinada a abonar facturas pendentes a unha compañía telefónica por importe de 10.731,44 euros, recoñecemento que quedou sobre a mesa a proposta dos socialistas e co apoio do resto dos grupos da oposición municipal, pois, tal como explicou a voceira socialista, Rosa Pérez Gradaílle, “Traer a Pleno un recoñecemento extraxudicial para abonar facturas pendentes a un só proveedor, neste caso unha compañía telefónica, supón un agravio comparativo enorme para o resto dos proveedores do concello que tamén están esperando para cobrar. Ademais, non se nos proporcionou información en relación aos conceptos a que correspondían as facturas que se pretendían aprobar, nin a que teléfonos, nin a que servizos. Por outra banda, non encontramos para nada acreditado ese suposto aforro para o concello a raíz da contratación de dita compañía telefónica ao que aludiu o Sr. Castiñeira, pois actualmente a lo menos tres empresas de telefonía prestan servizo ao concello, e solicitamos un informe que conteña datos concretos, en vista de que existe un descontrol total e absoluto do gasto por parte do Goberno popular.”
En canto á proposta de modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola prestación de servizo de piscina municipal e instalacións deportivas, dende o Grupo Socialista nos amosamos totalmente contrarios á suba dun 9,1% desta taxa proposta polo alcalde, considerándoa totalmente desproporcionada e excesiva, e, tal como afirmou a voceira socialista “ Non podemos esquecer que a piscina é un servizo municipal, anque se esté prestando a través dunha empresa concesionaria, e a suba dun 9,1% no prezo da taxa que propón o alcalde vai provocar que a maioría dos usuarios se den de baixa por non poder abonala. Neste senso, tamén queremos deixar constancia das continuas queixas que nos trasladan os usuarios en relación a deficiencias no mantemento das instalacións, e solicitar ao goberno municipal que exerza as súas competencias de control ao respecto.” Finalmente, no Pleno foi aprobada por unanimidade dos grupos da Corporación a actualización da taxa conforme ao IPC, que foi cifrado nun 4,1% polos técnicos municipais, dando deste xeito cumplimento ao contrato asinado coa empresa concesionaria.
En último termo, facer referencia ás Mocións presentadas polo Grupo Socialista neste primeiro Pleno ordinario do ano, a primeira delas con motivo do Anteproxecto de lei orgánica polo que o goberno pretende revisar a lexislación vixente en España sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo, a través da cal se instaba ao executivo a retirar inmediatamente e non continuar a tramitación do referido Anteproxecto de lei e dar traslado do acordo ós grupos políticos con representación no Congreso, moción que foi aprobada coa abstención do Grupo do PP. Presentamos, así mesmo, outra Moción para esixir á Xunta de Galicia a creación dun Plan de Emprego para a totalidade da provincia de Lugo, eliminando os criterios partidistas e priorizando a creación de emprego xuvenil e para maiores de 55 anos, que foi aprobada por unanimidade dos grupos políticos representados na Corporación. E por último, debatiuse pola vía de urxencia unha Moción manifestando o rexeitamento ós criterios fixados polo Goberno Central e Autonómico para o reparto das axudas da Política Agraria Común e instando a modificación destes para ser perceptor, por discriminar os mesmos ós agricultores activos, moción que foi aprobada coa abstención do Grupo do PP.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



