Despois de catro meses sen convocar un Pleno Ordinario, rompendo con descaro as regras acordadas, contábamos que o celebrado o día 30 sería un exemplo de traballo e que na orde do día se manifestara unha intención clara de mellorar as condicións sociais, económicas, culturais, laborais, sanitarias, educativas e dotacionais do conxunto dos veciños de Burela, pero sorprendéronnos con dous puntos a tratar que nada teñen que ver coa problemática que realmente preocupa á xente.
O primeiro punto foi derivado de unha xubilación recente. A persoa xubilada facía labores administrativa e o alcalde optou por repartir as distintas tarefas que o administrativo viña realizando entre diferentes funcionarios. Para tal fin o alcalde fixo un despece con porcentaxes diferentes dos asuntos que atendía o funcionario xubilado.
Pois ben, a porcentaxe máis alta, un 44%, asignoulla a un posto concreto e dotouna de un complemento de 400 euros. Para aplicar este complemento levou a pleno a modificación da relación de postos de traballo (RPT).
Conclusións:
a/ No concello houbo outras xubilacións e nos se aplicou o mesmo modelo.
b/ Para o resto dos funcionarios que recibiron porcentaxes do despece non se lles aplicaron modificación no seu posto. Para eles non se modifica a RPT.
c/ Fíxose todo o proceso co voto en contra da totalidade dos representantes sindicais.
d/ Non se tratou de sacar a concurso a praza do funcionario xubilado.
e/ O posto do funcionario que recibe o 44% non ten especificado as preferencias de atención. Deixa de facer as obrigas que tiña anteriormente para atender as novas ou fai o reves?.
f/ Todo este proceso crea desconfianza entre o resto dos traballadores.
g/ A oposición votou en contra de unha norma que impuxo o alcalde.
O segundo punto foi para modificar a ordenanza do servizo de axuda no fogar.
A oposición votou en contra por entender que as políticas sociais do PP están minguando considerablemente as achegas económicas, subindo as porcentaxes de pago dos usuarios, complicando as condicións de acceso e reducindo o tempo de atención e prestacións.
Pero onde mais claro quedou a postura política do equipo de goberno do PP foi na resposta dada as mocións que o noso grupo presentou.
Votaron en contra de anular o repago para fármacos que se distribúen nos hospitais de maneira ambulatoria. Aproban, que os enfermos crónico coticen por estar enfermos.
Votaron en contra de solicitar á Xunta un plan de emprego que beneficie os mais novos e os maiores de 55 anos.
Votaron a favor, quedando en ridículo con respecto a outros militantes do PP, de seguir adiante co anteproxecto de Lei Orgánica sobre a interrupción voluntaria do embarazo.
Votaron a favor de aplicar a suba nas tributación das persoas autónomas e pequenas empresas. É dicir, votaron a favor de seguir aumentando o paro.
É triste comprobar, unha e outra vez, o pouco ou nulo compromiso que teñen coa sociedade e en concreto cos veciños de Burela. Despois de case tres anos de lexislatura seguen demostrando estar máis as ordes do Partido Popular que en atender as súas obrigas de representantes de todos os veciños.
Deixaron perder a Area Sanitaria. Deixan perder os servizos sanitarios e non sanitarios do hospital da costa. Soben IBI, prezos públicos, taxas e impostos. Danse presa en aplicar o 34% do canon do lixo. Comulgan coa subida da electricidade, auga, copagos sanitarios, reforma laboral, etc… e anuncian en titulares futuros incumprimentos.
A extraordinaria falta de valía do alcalde maniféstase cando da a súa opinión nas notas de prensa que envía. É patético que unha persoa que se lle supón educación e certa capacidade para comunicar sega facendo o que fixo sempre: insultar e tratar de minimizar os adversarios.
Quen foi a pleno sabe que Alfredo Llano nin insultou, nin perdeu os nervios, nin foi histérico, nin belicoso nin chamou asasino nin ladróns a ninguén. Só unha persoa retorcida e ruín, maliciosa, rancorosa, celosa e sen recursos dialécticos é capaz de recorrer a estas manifestacións para ocultar o seu mal facer e o seu desprezo os veciños de Burela. De momento o alcalde só esta para cobrar soldo e dietas por non facer nada. Se fose quen se lle supón que ten que ser dedicaríase a atender os problemas dos veciños e a comunicar esa labor. A súa forma de facer política pide a gritos a súa dimisión.



















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



