Mondoñedo, 3 de febreiro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo explica que a cidadanía non respondeu ao chamamento de diferentes alcaldes do PSOE e do BNG a manifestarse durante a inauguración da A-8. En concreto, os populares tacharon de “auténtico fracaso” unha convocatoria asentada en meros intereses políticos.
Neste senso, os populares explican que o chamamento a manifestacións, cuxa compromiso xa fóra adquirido polo goberno da administración autonómica, só pode responder a “unha actitude demagóxica e irresponsable”.
O resultado desta convocatoria amosa que os veciños teñen a mesma percepción que o Partido Popular, a de que, todo parece semellar, que os alcaldes, entre eles o de Mondoñedo, só buscaban o seu minuto de gloria.
Non actuou cando tivo a oportunidade
No caso concreto do alcalde de Mondoñedo, o nacionalista Orlando González, o Partido Popular repróchalle que non velase polos intereses dos mindonienses cando o bipartito estaba na Xunta ou o PSOE no goberno Central.
Os populares explican que daquela ao nacionalista non lle interesaron os mindonienses e é agora, dende que existe un compromiso adquirido pola Xunta do PP e un traballo feito polo goberno do Estado, cando Orlando González sae detrás dunha pancarta; acompañado de poucas máis persoas que os membros dos seu partido político.
O resultado reflexa que o planteamento do nacionalista non era o desexado pola cidadanía que soubo apreciar quen está a traballar polos intereses dos mindonienses e quen, pola contra, só busca unha imaxe pública.
Agradecemento aos gobernos Central e Autonómico
Os populares de Mondoñedo aproveitaron para agradecer a implicación do goberno Central que permitiu inaugurar hoxe esta infraestrutura, a maiores de recoller nos orzamentos de 2014 unha partida para solucionar os problemas que carrexaron estas obras.
Ao mesmo tempo, dende o PP tamén quixeron resaltar a labor da Xunta de Galicia que se comprometeu neste ano a realizar acometidos sobre a LU-124 entre Mondoñedo e Lindín.
Polo tanto, os populares poñen en valor a implicación e boa disposición dos dous gobernos do PP.