Ribadeo, 4 de febreiro de 2014. A terceira gala de ACISA celebrarase o vindeiro 21 de marzo. No acto renderase homenaxe aos socios fundadores da asociación que neste 2014 celebra o seu 25 aniversario e tamén ós ex presidentes, entregaranse os premios ós gañadores do concurso de escaparates do pasado Nadal e tamén ó ribadense e ó socio do ano de ACISA. A directiva presentará ese día a imaxe do 25 aniversario de ACISA, que utilizará ó longo do ano, e organizará algunhas actividades con este motivo.
Este foi un dos asuntos que se abordaron na asemblea xeral ordinaria celebrada este luns no salón de actos da antiga casa sindical. ACISA afrontará en abril un novo proceso electoral para proceder á renovación da súa xunta directiva, tal e como ocorre cada dous anos. Ata o 16 de abril estará aberto o prazo de presentación de candidaturas e o día 28 dese mes celebraranse as eleccións ou a proclamación da nova xunta directiva, en caso de que so se presente unha candidatura.
Na asemblea xeral ordinaria deste luns aprobáronse as contas de 2013. O pasado ano pechouse cun superávit de 29.000 euros. O secretario do colectivo, Roberto Ramos, destacou que “la situación económica de ACISA es muy buena y en esta línea queremos seguir”. En 2014 incrementarase nun 45% o capítulo destinado á organización de campañas promocionais do comercio e a hostelería ribadenses. O orzamento do presente exercicio non sofre modificacións con respecto ó pasado e mantense en 121.000 euros.
Noutra orde de cousas, a directiva de ACISA recorda que se segue buscando ós premiados na campaña de Nadal. Os portadores dos números agraciados teñen ata este xoves ás 20 horas para achegarse polas oficinas da Asociación de Comerciantes, situadas no 2º piso do nº 20 da Avenida de Galicia, e presentar as súas papeletas. O primeiro premio dotado con 4.000 euros en vales de compra correspondeulle a Josefina Díaz Folgueira, que recollerá o seu agasallo o vindeiro venres, 7 de febreiro.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



