FOZ, 4 DE FEBREIRO.- O Partido Socialista, tal e como anunciaron este martes os deputados autonómicos José Ramón Val e Juan Carlos González Santín, que estiveron acompañados dos voceiros e secretarios xerais do PSOE da Mariña, presentou varias iniciativas no Parlamento de Galicia, a través das que instarán ó Goberno Central ó inmediato arranxo da estrada N-642, o único viario costeiro e arteria principal de circulación entre os Concellos da Mariña, dende Ribadeo ata Viveiro. Deste xeito, os socialistas desprazáronse hoxe á zona para comprobar in situ o forte deterioro que presenta este vial, principalmente entre os municipios de Barreiros e Burela; zona na que a circulación é máis perigosa por mor do estado do firme.
A situación na que se atopa dende hai algún tempo esta infraestrutura, aseguran os deputados autonómicos, “roza a irresponsabilidade”, xa que varios treitos, principalmente entre os concellos de Barreiros e Burela (variante de Foz, polígono de Fazouro e o tramo dende Nois á paria de Arealonga) están ateigados de fochas e fochancas que, ademais de incomodar na condución, supoñen un serio risco para os condutores que circulan habitualmente por ela”. Neste senso, critican que, no día de onte, a Ministra de Fomento e o Presidente da Xunta se fosen da Mariña sen comprometer ningún investimento para esta estrada, cando é unha das principais arterias de comunicación da comarca.
“Os socialistas non imos criticar que estivesen todos en Mondoñedo, o que criticamos é que a Mariña tamén ten outras necesidades ás que o Partido Popular segue se facer caso. Esta inacción do PP provoca que sexamos un dos territorios máis abandonados e esquecidos polos Gobernos da Xunta e do Estado”, subliñou José Ramón Val.
Con gran volume de tráfico
Coas iniciativas presentadas, o obxectivo dos socialistas é coñecer qué previsións manexa o Goberno con respecto a esta infraestrutura, pois “estamos a falar dunha vía que soporta cada día un máis que importante volume de tráfico, xa que, entre outros, é a infraestrutura que dá servizo ó Hospital da Costa, polo que cada día pasan milleiros de cidadáns de toda a comarca, e mesmo tamén ás empresas de gran relevancia como Absa ou Alcoa”.
“Nulo compromiso político”
A este “nulo” compromiso do Executivo de Rajoy, destacou José Ramón Val, hai que sumar a falla de investimentos e paralizacións das infraestruturas de comunicación do Goberno galego, dende hai catro anos para sacar adiante a VAC, que une Ferrol con San Cibrao. “É dicir, ademais de non ser capaces de poñer enriba da mesa nin un só treito do corredor entre Barreiros e San Cibrao, semella que agora tamén esqueceron os traballos de mantemento desta Nacional”, destacou.
Por este motivo, os socialistas anuncian que tamén solicitarán, na Cámara galega, que a Xunta concrete os prazos nos que ten previsto rematar a Variante, pois a Consellería paralizou as obras ós poucos días de celebrarse as pasadas eleccións autonómicas, incumprindo os compromisos asumidos neste eido. Exemplo dito, lembran, é que, na planificación que o Goberno Galego fixo no orzamento de 2013, prevía un investimento durante 2014 de 9,3 millóns de euros, pero, finalmente, este quedouse nun 10%.
“Queremos que o Partido Popular nos diga que ten pensado facer con esta infraestrutura porque a día de hoxe nada ou pouco sabemos dela. Con estes dimes e diretes o que van conseguir é que non esté remada, como mínimo, ata 2017”, afirmou.
Axudas para os temporais da Mariña
Asimesmo, os socialistas mariñanos, ante os desperfectos ocasionados na zona pola cicloxénese Nadja, tamén indicaron que pedirán no Parlamento de Galicia que a Xunta habilite unha partida económica específica que permita actuar con celeridade ante os danos que poidan ocasionarse na zona cos futuros temporais.
“A obriga da Xunta é antepoñerse a este tipo de desastres, pois de nada serve botarse as mans á cabeza cando o dano xa está feito”. Por este motivo, esixen “unha maior previsión” porque “sempre imos detrás”, e solicitan que “se nos dé o mesmo trato que a outras zonas”. É o caso, lembran, do suceso acontecido recentemente en Muxía. “Resulta que para o santuario Feijóo dixo textualmente que se ía arranxar custase o que custase. A nós parécenos ben, pero cremos que A Mariña tamén merece unha atención específica”.
A este respecto, manifestaron o seu apoio á familia e veciños do rapaz de 15 anos desaparecido esta fin de semana en Foz. “A Mariña foi unha das zonas máis afectadas, pero, sen dúbida, a desaparición do mozo é o suceso máis tráxico. Os socialistas estamos coa familia e con todo o pobo de Foz, e así llelo queremos facer chegar”, subliñaron.




















O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



